Alfonso Villares avanza que Galicia seguirá impulsando a valorización do sector acuícola como elemento estratéxico para a economía

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Proba delo é que a comunidade é unha das rexións líderes nesta actividade en Europa, ao albergar máis de 2.600 empresas que xeran máis de 5.600 empregos e unha facturación que supera os 200 millóns de euros
  • Ademais do conselleiro, no simposio tamén participaron o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e distintos representantes do Cetmar

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

O Grove (Pontevedra), 9 de outubro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, avanzou hoxe no XXVI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui), que se desenvolve ata mañá no Grove, que Galicia seguirá impulsando a valorización deste sector como elemento estratéxico para a economía da comunidade. Proba delo é que, segundo relatou, na comunidade esta industria alberga a 2.600 empresas que dan traballo a máis de 5.600 persoas, alcanzando unha facturación que supera os 200 millóns de euros.

Asemade, e segundo o informe Estado Mundial de Pesca e Acuicultura (SOFÍA 2024) da Food and Agriculture Organization of the United Nations (FAO) feito público a semana pasada en Conxemar, a produción mundial alcanzou en 2022 un récord de 130,9 millóns de toneladas, representando a acuicultura o 59% da produción acuática total.

Con estes datos que amosan claramente a crecente dependencia deste sector para satisfacer a demanda mundial de alimentos acuáticos, así como o seu potencial para fortalecer a seguridade alimentaria e a nutrición global, marcando un camiño cara unha maior sustentabilidade no uso dos recursos acuáticos, o conselleiro apuntou que foros como este cobran máis importancia se cabe,  pois aglutinan o traballo conxunto do colectivo investigador, do tecido empresarial e da administración á hora de xerar coñecemento á área dos recursos mariños.

Industria da acuicultura galega

Galicia é unha das rexións líderes nesta actividade en Europa. Os bivalvos acaparan o 58% do total en peso e case as dúas terceiras partes en valor. Destaca, principalmente, o mexillón que representa o 93,5% do total e o 51,4% do volume de negocio (120 millóns de europeas). Asemade, os peixes de cultivo simbolizan un 42% de todo o valor da acuicultura mariña, alcanzando as 10.500 toneladas e unha facturación de 97,7 millóns de euros. Tal é así que a comunidade é líder en tecnoloxía de produción de peixes planos, xerando o 99% do total nacional.

No caso do rodaballo, esta categoría rozou unha produción de 9.600 toneladas, situando a Galicia como o maior produtor da Unión Europea. O linguado tamén rexistrou cifras récord. Con máis de 890 toneladas e un incremento da facturación do 16,5%, fan que a comunidade aporte máis de dúas terceiras partes de toda a capacidade produtiva desta especie en España.

Representación da Xunta

O simposio, que deu comezo hoxe, dispón de seis mesas nas que se abordan aspectos como a investigación, a pesca de baixura, o marisqueo, o cultivo e todo proceso que xira en torno a este proceso, tanto dende o punto de vista da diagnose, como empresarial. Ademais do conselleiro, o foro contou coa participación doutros representantes da Consellería que dirixe Alfonso Villares. É o caso do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que foi o encargado de inaugurar o encontro, e de representantes do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/10/2024
538664 {"title":"Alfonso Villares avanza que Galicia seguirá impulsando a valorización do sector acuícola como elemento estratéxico para a economía","published_date":"2024-10-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/122816-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"538664"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-09/538664-alfonso-villares-avanza-galicia-seguira-impulsando-valorizacion-do-sector-acuicola-como-elemento-estratexico-economia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.