Aberto o prazo para que o alumnado galego que estuda portugués no seu centro educativo poida acreditar o seu nivel nesta lingua de xeito gratuíto

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Os institutos públicos galegos teñen ata o 23 de outubro para inscribirse nas probas, que se realizarán a través dunha plataforma electrónica nos propios centros
  • Están dirixidas a estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato que estean a cursar portugués como lingua estranxeira nun centro público galego
  • Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de abrir a convocatoria para que os institutos galegos que imparten lingua portuguesa soliciten participar nas probas Camões Junior para certificar o nivel de competencias dos estudantes nesta lingua a través dun exame totalmente gratuíto para as familias.

As probas están destinadas a alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato que no presente curso estea a cursar Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira nun instituto público galego. Os centros, que son os encargados de seleccionar ao alumnado participante, dispoñen de prazo ata o día 23 deste mes para participar nesta acción que se desenvolve por primeira vez este curso grazas a un acordo pioneiro acadado entre a Xunta de Galicia e o Instituto Camões.

As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

Para acadar a certificación os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.

O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.

Cómpre lembrar que Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instiuto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.

Arredor de 5.500 alumnos

Precisamente o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP reafirmou hoxe no Parlamento de Galicia o compromiso do Goberno galego coa aprendizaxe da lingua lusa nos centros educativos galegos. Segundo as últimas cifras, estudan portugués unhas 5.500 persoas tanto en institutos como en escolas de idiomas.

Román Rodríguez tamén defendeu a continuidade do ensino do portugués no Instituto IES San Paio (Tui), que conta este curso coa mesma dotación de profesorado para o ensino desta lingua ca o ano pasado. "En ningún caso está en perigo o ensino do portugués", explicou, sinalando que o Regulamento Orgánico dos Institutos establece que, para ter un departamento dunha lingua (agás inglés), esta ten que ser a primeira optativa no centro, o que non ocorre neste centro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/10/2024
538660 {"title":"Aberto o prazo para que o alumnado galego que estuda portugués no seu centro educativo poida acreditar o seu nivel nesta lingua de xeito gratuíto","published_date":"2024-10-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/122784-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"538660"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-09/538660-aberto-prazo-alumnado-galego-estuda-portugues-seu-centro-educativo-poida-acreditar-seu-nivel-nesta-lingua-xeito-gratuito https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.