A Xunta apoia a I Festa da Xuventude que se celebra este venres no barrio da Milagrosa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 9 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia apoia a I Festa da Xuventude que se celebrará este venres 11 no barrio da Milagrosa, en Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con representantes da comisión organizadora para abordar os detalles da celebración.
A festa terá lugar na praza Agro do Rolo e comezará ás 22.00 horas cunha sesión DJ a cargo de Stormcloud, á que seguirá a verbena coa actuación da orquestra La Fórmula.
O Goberno galego mantén a súa colaboración con distintas entidades e asociacións para promover actividades lúdicas e culturais que dinamizan os barrios da cidade no marco das festas de San Froilán. Entre as citas culturais impulsadas pola Xunta figura tamén a mostra Cultura e tradición no Camiño, que achega ao público as técnicas dos oficios artesáns e que se pode visitar ata o día 12 no patio da Oficina de Turismo, ou a nova xornada do evento de arte corporal Oktoberink, que se desenvolverá o sábado na Praza de Abastos para seguir presentando o traballo de estudos locais de tatuaxe, piercing e centros de beleza despois do éxito da pasada fin de semana.