A Xunta de Galicia inicia a reforma da rúa Miño en Salvaterra cun investimento de preto de 500.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial, Ana Ortiz, e a alcaldesa, Marta Valc á rcel, visitaron este mércores a zona que será obxecto de mellora
- A actuación inclúe a pavimentación, unificación dos accesos aos garaxes e ancho das beirarrúas, así como novos sumidoiros, iluminación e arboredo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Salvaterra de Miño (Pontevedra), 9 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, realizaron este mércores unha visita ao inicio da obra de humanización da rúa Miño, que será reformada nos vindeiros meses para levar a cabo unha mellora das beirarrúas, calzada, rede de saneamento, alumeado público e arboredo.
A representante autonómica destacou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, licitou o pasado mes de maio a obra "Conexión da ponte internacional coa PO-510 (Salvaterra de Miño)". "Hoxe iniciamos a obra, que conta cun orzamento de preto de de 500.000 euros, co obxectivo de dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal", sinalou Ana Ortiz.
Pola súa banda, Marta Válcarcel sinalou que "se trata dunha obra moi necesaria e moi demandada por parte do Concello, que foi atendida por parte da Xunta, polo que estamos moi satisfeitos". A actuación céntrase nun treito de algo máis de 350 metros, o que vai desde a rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura, cun prazo de execución dos traballos de seis meses.
Ana Ortiz sinalou que as obras consisten na pavimentación dos viarios cunha mellora do firme, que inclúe unha capa de regularización; construción das beirarrúas unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes. Tamén levarase a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada e a reposición do arboredo.