Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e máis detallada para facilitar a xestión do territorio a nivel local

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego destinará 1,2 M€ a cartografar máis de 617.000 hectáreas co obxectivo de poñer á disposición das entidades locais, das empresas e dos particulares, información máis precisa sobre o territorio
  • A previsión é que todo o territorio da provincia estea cartografado a escala 1/5000 no ano 2025

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 8 de outubro de 2024

Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e detallada a escala 1/5000 para facilitar a xestión do territorio a nivel local, tal e como salientou o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, nunha reunión que mantivo hoxe con representantes de 50 concellos ourensáns.

Durante o encontro, no que se abordou o desenvolvemento do Plan cartográfico de Galicia 5k, Pardo explicou que o Goberno galego destinará 1,2 millóns de euros a cartografar máis de 617.000 hectáreas co obxectivo de poñer á disposición das entidades locais, das empresas e dos particulares, unha "ferramenta de información" máis precisa sobre o territorio. "O obxectivo é mellorar a toma de decisións na planificación, creación, implantación e seguimento das políticas da Administración autonómica, provincial e local", engadiu o delegado territorial.

Nesa liña, logo de avanzar que está previsto que toda a provincia estea cartografada a escala 1/5000 o vindeiro ano 2025, Manuel Pardo, que estivo acompañado polo director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, fixo fincapé en que esta nova ferramenta facilitará aqueles traballos que teñen que ver co planeamento e o urbanismo, como a redacción de plans xerais, a concesión de licencias de obras, o control de construcións fóra de ordenación ou calquera tipo de medición que sexa necesario acometer sobre o territorio.

Cómpre lembrar que a información xeográfica tamén é relevante noutros ámbitos de actuación como o medio ambiente -investigación de vertidos ou localización de industrias contaminantes-, a mobilidade -deseño da rede de conexión e dos medios de transporte-, o patrimonio cultural -catalogación de elementos a protexer- ou a industria - planificación do transporte de mercadorías ou busca de materias primas-.

A maiores, unha base cartográfica detallada terá grande importancia no ámbito dos servizos e equipamentos públicos xa que facilitará tanto a localización precisa dos centros educativos, sanitarios, administrativos ou deportivos como a oferta de prestacións como o transporte escolar, a asistencia médica e, incluso, a atención a emerxencias.

Para concluír, Manuel Pardo incidiu en que esta nova ferramenta, ademais de supoñer un aforro de tempo e diñeiro para as administracións, tamén será de grande utilidade para o sector privado e a cidadanía. De feito, as empresas de enxeñaría, construción ou consultoras de planificación territorial, agrícola ou forestal utilizan a diario datos topográficos polo que terán nesta nova base cartográfica unha fonte fundamental de información.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/10/2024
534588 {"title":"Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha cartografía actualizada e máis detallada para facilitar a xestión do territorio a nivel local","published_date":"2024-10-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121466-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"534588"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-08/534588-ourense-sera-primeira-provincia-galega-contar-cunha-cartografia-actualizada-e-mais-detallada-facilitar-xestion-do-territorio-nivel-local https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.