Villares avala a candidatura galega para acoller o XX Congreso Nacional de Acuicultura no 2026
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro con representantes das tres universidades galegas - Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña- e co director do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), Carlos Gabín, para abordar o apoio da Xunta á candidatura de Galicia para acoller no 2026 o Congreso Nacional de Acuicultura. O responsable autonómico trasladou o "total" apoio do Goberno galego para que a comunidade volva a ser anfitrioa deste importante evento no que participan as principais empresas do sector a nivel estatal e que sirve como foro de excepción para o intercambio de coñecementos e últimos avances do sector.
Este congreso naceu en Galicia no ano 1985 a iniciativa do persoal do Cima. Na actualidade esta organizado pola Sociedade Española da Acuicultura cun carácter bianual sendo a última edición a celebrada este mesmo ano nas Palmas de Gran Canaria. A nosa comunidade, que xa acolleu as edicións dos anos 1987, 1990, 1993 e 2007, ten de prazo ata a primeira semana de novembro para formalizar a súa candidatura na que se agarda contar coa participación dos centros de investigación mariña da comunidade. Para o titular de Mar, trátase dunha oportunidade excepcional para proxectar a fortaleza, dinamismo e liderado dun sector esencial dentro da actividade pesqueira galega, principal produtor a nivel español, e cun gran potencial de crecemento nos vindeiros como provedor sostible de alimentos a nivel global.