"Galicia ilusiona" regresa a Vigo coa súa maxia para pechar a gala que percorre as grandes cidades

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada territorial da Xunta destaca a iniciativa que ten como obxectivo levar e encher de ilusión toda a comunidade como reclamo turístico 
  • O Teatro García Barbón Afundación acollerá o 19 e o 20 de outubro o Festival Mundial do Ilusionismo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 7 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este luns xunto aos magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo o Festival Mundial do Ilusionismo "Galicia Ilusiona". A iniciativa percorre por tercera vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas e  chegará á cidade para pechar o seu percorrido.

Ana Ortiz, que estivo acompañada na presentación polos directores e promotores Pedro Bugarín e Daniel Polo, avanzou que o espectáculo recalará o 19 e 20 de outubro no Teatro García Barbón. A Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.

O Festival Mundial do Ilusionismo "Galicia Ilusiona" inclúe as sete grandes urbes galegas para converter a Galicia na capital mundial do ilusionismo. Así, o espectáculo xa pasou  nos primeiros días de outuburo por A Coruña, Ourense e Pontevedra. A vindeira fin de semana estará en Santiago de Compostela (días 11 e 12) e Ferrol (13 de outubro). Antes de pechar en Vigo estará tamén en Lugo (18 de outubro). 

Artistas da gala internacional

Mago Murphy: Será o encargado de presentar a gala e dar paso aos diferentes artistas. Un mestre da comunicación que mestura maxia e humor coma ninguén. Participou en diferentes programas de televisión como mago e tamén como humorista.

Lore Lavand: Ilusionista arxentina especialista en mesturar poesía e maxia. O seu número transporta a outra dimensión onde as lembranzas e os recordos serán os protagonistas.

Jerome Murat: Considerado o mellor mimo do mundo, chega a Galicia Ilusiona para presentar o seu acto máis aclamado: A estatua vivinte de dúas cabezas. Un número que percorreu máis de 70 países e que estivo presente nos teatros máis prestixiosos do planeta.

Ki Moon Do: Este ilusionista coreano, de Seoul, métese na pel dun director de orquestra. Un número que logrou multitude de premios a nivel internacional.

Manolo Costa e Mindanguillo: Unha parella de magos especialistas en maxia cómica. Veñen de gañar o primeiro premio europeo nesta disciplina. Un espectáculo cun ritmo frenético onde a risa e maxia máis visual son as protagonistas.

Ramó and Alegría: Esta parella de ilusionistas rompen os moldes clásicos dun acto de maxia. Un número onde parece saír todo mal pero que remata da mellor maneira posible. Teñen infinidade de premios e xiran coa súa maxia polos festivais máis prestixiosos de maxia e circo.

Néstor Hato: Ilusionista francés, considerado o mestre da manipulación, a rama máis complexa da maxia, na cal a habilidade e destreza das mans do artista, son as protagonistas. Infinidade de naipes aparecen e desaparecen a un ritmo vertixinoso entre os seus dedos.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/10/2024
532886 {"title":"\"Galicia ilusiona\" regresa a Vigo coa súa maxia para pechar a gala que percorre as grandes cidades","published_date":"2024-10-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121995-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"532886"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-07/532886-galicia-ilusiona-regresa-vigo-coa-sua-maxia-pechar-gala-percorre-as-grandes-cidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.