Medio Rural enxalza a calidade e cantidade de uva recollida na do Monterrei durante a III Festa da Vendima
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira María José Gómez salientou as condicións climáticas do verán nesta zona, que deriva en froitos dun excelente estado fitosanitario, permitindo a elaboración de viños de moi boa calidade
- Segundo os últimos datos, nesta denominación de orixe xa se recolleron 5,5 millóns de quilos, dentro dun total de máis de 70 nas cinco DO galegas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Monterrei (Ourense), 5 de outubro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta mañá á III Festa da Vendima de Monterrei, que conta co apoio do seu departamento a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e enxalzou a calidade e cantidade de uva que se está obtendo na vendima deste ano. As boas condicións climáticas do verán nesta zona, con ausencia de precipitacións, derivan en froitos dun excelente estado fitosanitario, permitindo a elaboración de viños de moi boa calidade.
Segundo os últimos datos, actualmente hai xa máis 70 millóns de quilos de uva recollidos entre as cinco denominacións de orixe, o que demostra un bo ritmo, dado que as previsións dos consellos reguladores son acadar os 72,5 millóns de quilos. De xeito concreto, a Denominación de Orixe (DO) Monterrei, que este ano conta cunha maior superficie inscrita, con 795 hectáreas, chegou xa os 5,5 millóns de quilos.
María José Gómez amosou o compromiso da Xunta de Galicia co sector vitivinícola a través de pancas de acción como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, coa que se reforzan todas as dimensións neste eido.
Tamén, fixo referencia ás diferentes liñas de axudas executadas pola Consellería e destinadas especificamente para este sector, como as achegas para a reestruturación e reconversión de viñedo; a promoción do viño galego en terceiros países ou para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, entre outras. De xeito conxunto, estas partidas tradúcense nunha potenciación do sector cun orzamento que ascende a máis de 10 millóns de euros neste 2024.
A maiores, destacou tamén a Lei de recuperación da terra agraria, coa que se dota de actividade terreos en estado de abandono ou infrautilización, ao mesmo tempo que se xera riqueza e se fixa poboación nas contornas rurais. Na comarca de Verín localízanse ata cinco polígonos agroforestais que suman preto de 260 hectáreas mobilizadas. De feito, Gómez lembrou que o polígono de Oímbra está piques de finalizar os últimos trámites necesarios para poder saír a concorrencia pública, permitindo ás persoas interesadas a solicitude das parcelas.