A Xunta reabre o tráfico peonil na ponte da rúa Sol de Carballo e fará o mesmo co rodado antes de que remate este mes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións na zona, cun investimento da Xunta de máis de 6 millóns de euros, pretenden mellorar a capacidade de desaugue do río e minimizar as inundacións en momentos de condicións meteorolóxicas adversas
- Roi Fernández agradece a colaboración do Concello para a execución duns traballos que mudarán a imaxe da zona fluvial urbana do municipio e mellorarán a súa resiliencia a episodios extremos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Carballo (A Coruña), 4 de outubro de 2024
O director de Augas de Galicia, Roi Fernández, visitou as obras que o organismo hidráulico está a realizar en Carballo para paliar os asolagamentos na contorna do río Anllóns, onde anunciou que hoxe se reabre o tráfico peonil na ponte da rúa Sol e que nas vindeiras semanas -antes de que remate o mes- se fará o mesmo co tráfico rodado.
Deste xeito, o Executivo galego avanza nas actuacións acordadas co Concello para mellorar a capacidade de desaugue do río e minimizar os efectos das inundacións acordadas co Concello e que están recollidas nun convenio de colaboración que conta cun orzamento de máis de 6 millóns de euros.
Roi Fernández lembrou que dúas das cinco actuacións previstas nese acordo xa están rematadas, como son a realización dun by-pass na zona de Muíño do Quinto e a remodelación integral do parque de San Martiño. Mentres, estase a avanzar na tramitación e execución das obras na rúa Sol -xa moi avanzadas-, na rúa Fomento e na mellora hidráulica do río ao seu paso polo enlace entre as estradas AG-55 e a AC-552.
No caso dos traballos na rúa Sol -que visitou o director de Augas de Galicia- o investimento supera os 1,7 millóns de euros e a previsión é que estean rematados antes de que conclúa o ano. Neles inclúese o derrubamento dun edificio existente na contorna, a remodelación da ponte e a creación dunha canle de augas altas na propia rúa.
O representante do organismo autonómico incidiu en que o conxunto das obras -que se prolongarán ata 2025- farán que esta zona urbana estea máis preparada e segura ante episodios meteorolóxicos adversos e posibles asolagamentos. Nesta liña, agradeceu a boa sintonía e colaboración co Concello, que aportou os terreos necesarios para executar as actuacións e resolveu todas as cuestións relativas á súa dispoñibilidade.
Nesta liña, o director de Augas de Galicia subliñou que as obras fan que Carballo sexa máis resiliente ante este tipo de escenarios adversos ao tempo que contribúen a mudar a imaxe da zona fluvial urbana do municipio.