Alfonso Villares destaca o apoio da Xunta á potencia exportadora da cadea mar-industria galega con preto de 4,7 millóns de euros no 2024

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O responsable autonómico resalta a presenza propia do sector a través do stand da Consellería do Mar no que participan como coexpositores 16 empresas do sector da transformación da comunidade
  • O titular de Mar mantivo unha intensa axenda de contactos cos responsables das compañías para analizar a situación do sector así como con representantes doutros países como Arxentina, Angola, Namibia ou Francia
  • Tamén lamentou a nova negativa do ministro Planas a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros, unha postura que considera "incongruente" cando se aplica a outros alimentos e cuxa eficacia está avalada por organismos independentes e a UE

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 3 de outubro de 2024

A Feira Internacional Conxemar 2024 viviu a súa última xornada que foi aproveitada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, para realizar as últimas visitas e os últimos encontros coas empresas galegas presentes na maior cita mundial da pesca do conxelado. Nas diferentes xuntanzas o responsable autonómico puxo en valor os apoios despregados pola Xunta neste 2024 á potencia exportadora da cadea mar-industria galega con preto de 4,7 millóns de euros que permitiu garantir a presenza galega nas principais citas internacionais do sector, abrindo a porta a establecer novos contactos con potenciais clientes.

Nesta liña, o titular de Mar destacou que a inversión en internacionalización medrou respecto ao 2023 ao redor dun 30% o que mostra o compromiso do Goberno galego para cunha industria que o ano pasado bateu un novo récord en exportacións roldando os 2.800 millóns de euros. Un respaldo que tamén se viu reflectido en Conxemar, en cuxa organización colabora a Consellería do Mar cunha aportación plurianual de 1,21 millóns de euros que ademais tivo presenza propia cun stand no que participaron como coexpositoras 16 empresas do sector da transformación de produtos pesqueiros da comunidade, cunha inversión que supera os 220.000 euros.

Tamén puxo en valor a diversidade da cadea mar-industria galega na que coexisten grandes empresas, líderes nacionais e internacionais, como pequenas e medianas empresas ás cales a Xunta tamén destina apoios específicos grazas aos cales se desenvolveron 380 iniciativas por valor de máis de 200 millóns de euros no período do fondo Femp 2016-2023. Alfonso Villares tamén aproveitou estas xornadas para desenvolver unha intensa axenda de contactos cos responsables das empresas e abordar con eles a situación do sector e estudar futuras accións que sirvan de resposta as súas necesidades da forma máis axeitada. O obxectivo é seguir facendo de Galicia a maior potencia pesqueira de Europa e motor económico e de emprego de calidade para a comunidade.

Contactos internacionais 

O responsable autonómica vén de celebrar un importante número de contactos con terceiros países nos que abordou posibles liñas de colaboración no ámbito marítimo e pesqueiro á vez que reforzar a defensa dos intereses galegos na zona. Así mantivo o pasado luns unha reunión co co ministro de Pesca y Recursos Mariños de Namibia, Derek James Klazen, e outra coa delegación arxentina encabezada presidente da Cámara Arxentina Patagónica de Industrias Pesqueiras (CAPIP), Agustín de la Fuente. A estas sumouse o encontro coa ministra de Pesca y Recursos Mariños de Angola, Carmen do Sacramento Neto, e co responsable do Porto de Lorient, na Bretaña francesa, , Oliver Le Nézet.

Nova oportunidade perdida

O conselleiro do Mar amosou a súa decepción polo posicionamento manifestado polo ministro de Agricultura, Pesca e Innovación, Luis Planas, reiterando a súa negativa a rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros xustificándose na orixe "multifactorial" do descenso do consumo. Así, recalcou que "non hai maior xordo que quen non que oír" o que é un "clamor" en todo o sector. "Resulta frustrante o seu inmobilismo neste asunto, mantendo unha postura incongruente respecto a outros alimentos e obviando o aval desta medida por parte de organismos independentes e institucións comunitarias". Deste xeito tamén reclamou ao Goberno central que "escoite máis e impoña menos" a un sector estratéxico para Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/10/2024
528294 {"title":"Alfonso Villares destaca o apoio da Xunta á potencia exportadora da cadea mar-industria galega con preto de 4,7 millóns de euros no 2024","published_date":"2024-10-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121024-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"528294"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-03/528294-alfonso-villares-destaca-apoio-da-xunta-potencia-exportadora-da-cadea-mar-industria-galega-preto-4-7-millons-euros-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.