Medio rural celebrará mercados de artesanía alimentaria nas catro provincias galegas para promocionar as elaboracións dos artesáns
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo con empresas inscritas neste distintivo para coordinar e planificar estas actividades promocionais
- Os mercados levaranse a cabo en Vigo, Ribadavia, Lugo e Santiago de Compostela entre os meses de novembro e decembro
- Artesanía Alimentaria conta con algo máis de cen operadores inscritos nalgunha das 16 normas técnicas que están actualmente aprobadas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Boqueixón (A Coruña), 2 de outubro de 2024
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo con empresas operadoras adheridas ao selo de calidade Artesanía Alimentaria, celebrada no Pazo de Quián de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. Nela coordináronse e planificáronse catro mercados que se levarán a cabo durante o último trimestre deste ano en cada unhas das provincias galegas, co obxectivo de promocionar as elaboracións dos artesáns adheridos a este distintivo de calidade.
Na reunión acordouse co sector que estes mercados de Artesanía Alimentaria se celebrarán en Vigo -do 22 ao 24 de novembro-; en Ribadavia (Ourense) -do 5 ao 8 de decembro-; en Lugo -do 12 ao 15 de decembro- e en Santiago de Compostela -do 19 ao 22 de decembro-.
O selo de Artesanía Alimentaria creouse co obxectivo de procurar un sector estruturado en concordancia dos requisitos establecidos pola Unión Europea; de protexer o facer dos artesáns, defendendo a súa profesión ante etiquetaxes enganosos; e conservar e preservar as elaboracións de produtos artesanais tradicionais, tan arraigados á cultura galega.
Actualmente, Artesanía Alimentaria conta con algo máis de cen operadores inscritos e estanse a tramitar solicitudes para incorporar novos á lista de empresas certificadas, ligadas a algunha das 16 normas técnicas aprobadas para a produción e elaboración destes produtos. Ao mesmo tempo, estanse a elaborar novas normas técnicas que permitirán a incorporación de máis empresas operadoras, xa que os artesáns encádranse nalgunha delas.