Lorenzana anuncia que a comercializadora de RDG venderá o 100% da enerxía en Galicia, con descontos do 50% para os veciños das zonas próximas aos proxectos renovables

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Adianta que, no caso dos particulares, os primeiros beneficiarios estarán nun radio próximo a onde estean instalados, por exemplo, un parque eólico, ou mesmo en concellos limítrofes
  • No que respecta ás empresas e industrias, explica que o obxectivo é democratizar o acceso a un prezo eléctrico máis competitivo, para o cal a comercializadora ofrecerá contratos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA) a todo tipo de empresas
  • Subliña que canto antes se desbloquee o despregamento das renovables en Galicia, incluída a eólica mariña -que vai supoñer un salto cualitativo en xeración renovable-, máis se poderá ampliar o conxunto de beneficiarios que poidan acceder ás vantaxes da nova comercializadora

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, adiantou hoxe que RDG Comercializadora Galega de Enerxía venderá o 100% da enerxía a consumidores galegos, tanto particulares como empresas e industrias,-"sempre a un prezo máis barato que o prezo de mercado", dixo- que se poderán beneficiar dun desconto medio do 50% sobre o prezo do mercado no caso da veciñanza que vive próxima a infraestruturas de xeración renovable.

Nunha visita ás instalacións da sociedade Recursos de Galicia, en Santiago, Lorenzana adiantou que, no caso dos particulares, os primeiros beneficiarios destas condicións estarán nun radio próximo a onde estea instalado, por exemplo, un parque eólico, ou mesmo en concellos limítrofes. No que respecta ás empresas e industrias, explicou que o obxectivo é democratizar o acceso a un prezo eléctrico máis competitivo, para o cal a comercializadora ofrecerá contratos de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA) a todo tipo de empresas. "Queremos que poidan acceder a prezos máis baratos a través destas figuras de PPA coa comercializadora de RDG desde os autónomos, ás pemes ou as micropemes, e non só as grandes industrias", apuntou.

Neste sentido, subliñou que canto antes se desbloquee o despregamento das renovables en Galicia, incluída a eólica mariña -que vai supoñer un salto cualitativo en xeración renovable-, máis se poderá ampliar o conxunto de beneficiarios que poidan acceder ás vantaxes desta nova comercializadora.

RDG, que en catro meses podería ter listos os trámites para a constitución da súa comercializadora, xa está a negociar con operadores do sector a incorporación á compañía de volumes de enerxía que permitan iniciar operacións en 2025. Ao respecto, indicou que se está traballando en fórmulas de adxudicación, que primarán, entre outras cousas, factores como o emprego por kWh ou o Valor Agregado Bruto (VAB) por kWh.

Única en España

A conselleira sinalou que o que diferencia a comercializadora galega doutras que xa están en funcionamento en España, é a participación público-privada e o feito de que cubra toda a cadea, desde a produción ata a comercialización, e un conxunto de colectivos beneficiarios tan amplo, ao ser tanto particulares como pequenos autónomos, microempresas, pemes e grandes empresas. "Esta comercializadora é a primeira e a única en todo o Estado español", subliñou.

RDG Comercializadora Galega de Enerxía é 100 por cento titularidade de RDG, a sociedade na que participa a Xunta de Galicia xunto cun 70% de capital privado, lembrou Lorenzana, que aludiu a RDG como un instrumento que será moi útil para a aplicación da Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se aproba este mes (Lei de Recusos Naturais).

Trátase dunha normativa, abondou, que, ao igual que vai facer a nova planificación eólica, regula a obrigatoriedade dos promotores de proxectos vinculados cos recursos naturais de Galicia a repercutir no territorio unha parte dos seus beneficios. E, nese sentido, desde o momento en que RDG pon en marcha esta comercializadora, calquera empresa asociada vai poder xustificar o cumprimento do establecido na lei.

Esta comercializadora galega de enerxía "é un dos tres instrumentos chave para a política enerxética do Goberno galego ao longo desta lexislatura: a propia Lei de Recursos Naturais; a planificación dos recursos naturais e nomeadamente a planificación eólica; e esta comercializadora", explicou.

Neste marco, a titular de Economía e Industria sinalou que "a nosa política enerxética parte de dúas premisas, avanzar na autonomía enerxética, e que nese avance consigamos abaratar a enerxía dos fogares galegos e das industrias e das empresas de Galicia", destacou. En definitiva, "estamos empregando unha política enerxética social, esta é a base que está na Lei de Recursos Naturais de Galicia, transformar o aproveitamento dos recursos naturais nunha riqueza social", dixo.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/10/2024
526917 {"title":"Lorenzana anuncia que a comercializadora de RDG venderá o 100% da enerxía en Galicia, con descontos do 50% para os veciños das zonas próximas aos proxectos renovables","published_date":"2024-10-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/119993-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"526917"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-02/526917-lorenzana-anuncia-comercializadora-rdg-vendera-100-da-enerxia-galicia-descontos-do-50-os-vecinos-das-zonas-proximas-aos-proxectos-renovables https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.