A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela facilitarán a incorporación dos profesionais sanitarios á carreira docente e investigadora

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela facilitarán a incorporación dos profesionais sanitarios á carreira docente e investigadora

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Gómez Caamaño remarca que con esta colaboración se pon de manifesto o compromiso conxunto por mellorar e fortalecer a formación e a docencia no ámbito das Ciencias da Saúde
  • Incide en que esta cooperación redundará positivamente no nivel de formación académica, así como na actualización dos coñecementos e na mellor capacitación dos profesionais sanitarios galegos
  • Salienta que, grazas a esta colaboración, os profesionais do Servizo Galego de Saúde terán a oportunidade de manterse actualizados, avanzando nas súas carreiras e achegando unha mellor atención aos pacientes
  • Ambas as dúas institucións avogan por estender este modelo a todo o sistema sanitario, para todos os profesionais de calquera hospital da rede do Servizo Galego de Saúde co obxecto de aproveitar todos os recursos dispoñibles 
  • Incide en que o acordo é bo para o Servizo Galego de Saúde e para os seus profesionais, para a Universidade de Santiago de Compostela e para os estudantes e os pacientes

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) facilitarán a incorporación dos profesionais sanitarios á carreira docente e investigadora. A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o reitor da USC, Antonio López Díaz, asinaron hoxe, no Colexio de San Xerome, un protocolo de colaboración entre ambas as institucións.

Con esta iniciativa, tanto a USC como a Consellería de Sanidade apostan por favorecer que o persoal asistencial poida entrar en programas de doutoramento e completar tarefas investigadoras, ademais de colaborar en labores docentes, para ir facendo un currículo que lles permita superar con éxito o proceso de acreditación imprescindible para acceder a prazas de función docente e compatibilizalo coa función asistencial. 

Ambas as dúas institucións queren facer que este modelo se estenda a todo o sistema sanitario, é dicir, para todos os profesionais de calquera hospital da rede do Servizo Galego de Saúde co obxecto de aproveitar todos os recursos do sistema sanitario público galego.

Tal e como destacou o conselleiro de Sanidade, con esta sinatura, a Xunta e a USC dan un paso adiante para facilitar o impulso á carreira docente entre os profesionais sanitarios galegos, flexibilizando o acceso e canalizándoo cara a novos camiños interesantes.

Gómez Caamaño incidiu en que este acordo reflicte un compromiso conxunto por mellorar e fortalecer a formación e a docencia no ámbito das Ciencias da Saúde e amosouse moi satisfeito de que dúas institucións tan vinculadas de forma histórica, como son Sanidade e a USC, sigan buscando e atopando novos camiños de colaboración.

O titular da carteira sanitaria puxo en valor que esta colaboración redundará positivamente no nivel de formación académica, así como na actualización dos coñecementos e na mellor capacitación dos profesionais, incidindo, así mesmo, en que a actividade docente e investigadora forma parte da cultura propia da actividade que se desenvolve no día a día do Sergas.

Incentivar a investigación e a docencia

Na súa intervención no acto de sinatura, o conselleiro considerou fundamental incentivar o achegamento dos profesionais á actividade investigadora e docente, especialmente nos inicios da carreira profesional, o que redundará na calidade da docencia nas áreas clínicas e, ademais, na investigación traslacional, instrumentos que o máximo responsable da saúde da cidadanía galega considera imprescindibles para a mellora da asistencia sanitaria presente e futura.

Gómez Caamaño subliñou que, grazas a este procotolo, os profesionais do Sergas terán a oportunidade de manterse actualizados, avanzando nas súas carreiras e achegando unha mellor atención aos pacientes.

Tal e como puxo de manifesto o conselleiro, a relevancia desta colaboración entre Sanidade e a USC facilitará que os profesionais que xa completaron a súa formación como especialistas poidan acadar a acreditación docente universitaria; e grazas ao apoio da figura do mentor, tanto no ámbito sanitario como da universidade, estarán guiados nun proceso tan relevante.

Destacou, ademais, a importancia que esta colaboración terá á hora de impulsar a investigación, facilitando estadías en centros internacionais de prestixio, o que enriquecerá o saber dos profesionais sanitarios galegos.

Xunto ao anterior, a colaboración entre Sanidade e a USC posibilitará a incorporación dos profesionais sanitarios aos programas de doutoramento e proxectos de investigación, feito que o conselleiro considera fundamental para seguir a innovar e mellorar a calidade asistencial.

Gómez Caamaño rematou a súa intervención destacando que o acordo hoxe asinado e bo para o Servizo Galego de Saúde e para os seus profesionais, para a Universidade de Santiago de Compostela e para os estudantes e os pacientes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
526915 {"title":"A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela facilitarán a incorporación dos profesionais sanitarios á carreira docente e investigadora","published_date":"2024-10-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"526915"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-02/526915-xunta-e-universidade-santiago-compostela-facilitaran-incorporacion-dos-profesionais-sanitarios-carreira-docente-e-investigadora https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.