A Xunta destinou 3 M€ a máis de 340 proxectos de entidades veciñais a través da última convocatoria de axudas para obras nos locais sociais e equipamento

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo hoxe balance no Parlamento sobre esta medida destinada a entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas, que desde a súa posta en marcha en 2016 financiou máis de 1.900 iniciativas cunha achega de 22M€
  • Tamén abordou o apoio aos concellos galegos a través do Fondo de Cooperación Local con 152M€ neste exercicio, no marco dos 600M€ destinados ás entidades locais a través deste instrumento e demais liñas de axudas da Xunta

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo balance hoxe na Comisión 1ª Institucional de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento das axudas a entidades veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas no marco do Plan específico de acción comunitaria, que este ano supuxeron un investimento de 3 millóns de euros para 341 entidades beneficiarias. "Son o primeiro chanzo para atender e canalizar as peticións da veciñanza e teñen un papel fundamental no desenvolvemento da vida social dos concellos", engadiu a directora xeral. 

No que se refire ás entidades beneficiarias deste ano, 162 foron da provincia de Pontevedra e percibiron 1,6 millóns de euros; outras 100 da provincia ourensá cun importe de case 800.000 euros nos proxectos financiados; 46 resultaron beneficiarias na provincia da Coruña cun montante de 342.200 euros; mentres que na de Lugo houbo 33 colectivos beneficiarios que obtiveron case 270.000 euros. 

Cómpre lembrar que estas axudas contan con dúas liñas, unha delas cunha achega máxima de 12.000 euros para obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais de asociacións de veciños e de mulleres rurais con actuacións como a eliminación de barreiras arquitectónicas ou melloras en estruturas, fachadas, cubertas, parámetros interiores, ventás, teitos ou obras de fontanería, saneamento ou electricidade. 

Ademais, nas infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas actúase en obras sobre captacións, canalizacións e depósitos destinadas a reducir as perdas de auga e noutros traballos cos que mellorar a xestión, medición ou control da calidade da auga ou optimizar a eficiencia enerxética na traída de augas. 

A outra liña vai destinada cun máximo de 5.000 euros á dotación de equipamento para o funcionamento destas entidades e a organización de actividades específicas, o que inclúe a adquisición de mobiliario, equipamento informático, audiovisual ou sistemas de climatización. 

Das 341 axudas concedidas este ano, 220 entidades obtiveron apoio para a liña de obras con máis de 2,4 millóns e as 121 restantes unha achega de máis de 503.500 euros na liña de equipamento.

Natalia Prieto destacou o éxito, a participación, a execución e a satisfacción ante a resposta das entidades desde a posta en marcha da medida, o que permitiu atender a máis de 1.900 solicitudes cun importante investimento de 22 millóns de euros.

Financiamento local 

Por outra parte, en resposta a outra pregunta parlamentaria, a directora xeral de Administración Local abordou o apoio da Xunta ás entidades locais a través do Fondo de Cooperación Local (FCA), un instrumento co que Galicia foi pioneira ao permitir desde 2011 a participación dos concellos nos orzamentos autonómicos. 

A contía deste fondo acada os 152 millóns de euros neste exercicio e, desa contía, a parte adicional que se destina a atender as necesidades dos municipios chega aos 39,3 millóns de euros. A suma do Fondo de Cooperación Local e o resto das axudas da Xunta ás entidades locais supera os 602 millóns este exercicio, 38 millóns máis que o ano pasado e un 54% máis que os 390 millóns de 2009, polo que, como indicou a directora xeral,  "nunca antes se dedicaran tantos recursos a axudar aos concellos galegos".

Na súa intervención tamén lembrou que desde a constitución o ano pasado da comisión técnica de delimitación competencial coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para avaliar os estudos de ambas administracións celebráronse varias reunións co obxectivo de chegar a acordos en distintos ámbitos. Nun dos últimos encontros acordouse -sinalou Natalia Prieto- establecer unha periodicidade bimensual das reunións e a próxima será este mes de outubro para abordar as competencias e materia educativa, sanidade, emerxencias ou o servizo de axuda ao fogar.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
526793 {"title":"A Xunta destinou 3 M€ a máis de 340 proxectos de entidades veciñais a través da última convocatoria de axudas para obras nos locais sociais e equipamento","published_date":"2024-10-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/120420-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"526793"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-02/526793-xunta-destinou-3-m-mais-340-proxectos-entidades-vecinais-traves-da-ultima-convocatoria-axudas-obras-nos-locais-sociais-e-equipamento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.