A Consellería de Sanidade e o Consello Autonómico da Infancia e da Adolescencia acordan establecer canles de comunicación abertas e permanentes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Seis adolescentes integrantes do Consello Autonómico da Infancia e a Adolescencia abordan coa Consellería de Sanidade e o Sergas temas como a saúde mental infanto-xuvenil, a promoción da actividade física ou as enfermidades de transmisión sexual
- Acordan celebrar reunións periódicas, cunha frecuencia trimestral
- Con esta xuntanza, deuse un paso importante no acercamento do sistema sanitario á infancia e adolescencia galega
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024
A Consellería de Sanidade e o Consello Autonómico da Infancia e da Adolescencia (CAIA) celebraron o pasado venres unha primeira reunión na que acordaron establecer canles de comunicación abertas e permanentes.
Na xuntanza participaron seis adolescentes integrantes do CAIA e un total de cinco representantes da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
O obxectivo principal desta primeira reunión foi establecer unha canle de comunicación aberta da Consellería de Sanidade coa infancia e adolescencia galegas, a través deste órgano consultivo e de participación, que permite facilitar un espazo para que as persoas adolescentes de Galicia expresen, propoñan ideas e tomen decisións no ámbito autonómico galego sobre aquelas cuestións que lles afecten directa ou indirectamente.
Temas abordados
Nesta primeira reunión abordáronse diversas cuestións como a saúde mental infanto-xuvenil e as actuacións recollidas no Plan de Saúde Mental de Galicia; a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo, ou a Rede galega de promoción da saúde, vinculada ao Plan de Obesidade Zero.
Outros asuntos tratados no encontro foron as relacións afectivo-sexuais, as enfermidades de transmisión sexual e a vacinación na adolescencia, principalmente fronte ao virus do papiloma humano; ademais da relación entre o persoal sanitario dos centros de saúde cos pacientes adolescentes e a atención proactiva no apego na infancia, con especial atención aos colectivos máis vulnerables, como as nenas e nenos do sistema de protección de menores.
A Consellería de Sanidade e o Consello da Infancia e a Adolescencia acordaron celebrar reunións periódicas cunha frecuencia trimestral, para tratar novas cuestións e inquedanzas que poidan xurdir e facer seguimento das actuacións acordadas nas reunións anteriores.
Con esta xuntanza deuse un paso importante no acercamento do sistema sanitario á infancia e adolescencia galega.