A Xunta incrementa un 8% a colaboración coa ONCE para atender ao alumnado con discapacidade visual

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación e o delegado territorial da ONCE asinan un convenio para a mellora da atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave
  • Destinarase 341.175€ para a contratación de sete profesores especializados

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Pontevedra, 1 de outubro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinou hoxe co delegado territorial da Organización Nacional de Cegos Españoles (ONCE), Manuel Martínez Pan, un convenio co obxectivo de mellorar a atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave en Galicia. Este acordo, a través do cal se incrementa un 8% a partida orzamentaria con respecto ao anterior ata acadar os 341.175€, permitirá a incorporación de sete profesores especializados que traballarán en centros.

Durante a sinatura no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou que esta sinatura renova o compromiso do Goberno galego coa inclusión educativa, poñendo énfase na atención á diversidade e na eliminación das barreiras que poidan dificultar o acceso á ensinanza do alumnado con discapacidade visual.

O representante da Xunta tamén subliñou que esta colaboración "reforza a nosa aposta por un sistema educativo inclusivo, que aporta os recursos necesarios para garantir a mellor educación ás persoas con discapacidade e lograr a súa integración". "Galicia lidera a atención á diversidade, hai estatísticas do propio Ministerio que constatan que temos o sistema máis inclusivo, xa que ningunha comunidade autónoma ten un sistema de ponderación do alumnado con necesidades educativas, que conta por dous e tres", recalcou.

Adaptación de materias didácticos

Grazas a esta acción, recibirán apoio un total de 319 estudantes con discapacidade visual escolarizados en calquera ensino de réxime xeral e especial. Nesta liña, o  titular de Educación explicou que o convenio "non só permite a dotación de profesores especializados, senón que tamén inclúe a adaptación de materiais didácticos a formatos accesibles, empregando plataformas dixitais".

Ademais, promoverase a adaptación a braille ou a gravación dos libros e materiais curriculares, así como a realización de formación básica para profesores e titores das etapas obrigatorias que traballan con este alumnado.

Por parte da ONCE, a entidade comprométese a poñer a disposición dos estudantes e das súas familias os seus centros e servizos especializados, así como a proporcionar os recursos humanos e materiais necesarios. Tamén promoverá actividades de sensibilización nos centros educativos galegos, co fin de facer visible a realidade das persoas con cegueira e favorecer a súa plena inclusión na contorna escolar.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/10/2024
525536 {"title":"A Xunta incrementa un 8% a colaboración coa ONCE para atender ao alumnado con discapacidade visual","published_date":"2024-10-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1464216\/20241001+conselleiro+ministra+de+Pesca+de+Angola+1.jpg","id":"525536"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-01/525536-xunta-incrementa-8-colaboracion-coa-once-atender-ao-alumnado-discapacidade-visual https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.