A Xunta destina 30 M€ para a primeira fase de adquisición de equipamento do Hospital Público Novo Montecelo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O hospital pontevedrés será o primeiro de Galicia en contar con todos os seus quirófanos dixitais, o que posibilitará a súa interconexión aos sistemas operativos do Servizo Galego de Saúde
  • O investimento destinado a equipar a área cirúrxica do Novo Montecelo superará os 7,2 millóns de euros
  • O plan reserva máis de 5 millóns euros á adquisición de equipos de ecografía
  • Os novos servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear, que evitarán o desprazamento a Vigo de máis de 500 pacientes ao ano, contan cunha consignación en equipamento de 1,7 millóns de euros
  • O investimento en equipos de alta tecnoloxía, para a realización de estudos de cabeza, colon, tórax e abdome, e estudos musculoesqueléticos, neurolóxicos ou cardiolóxicos, ascende a 1,1 millón de euros
  • Destínanse máis de 2,5 millóns de euros a robotizar e automatizar o almacenamento da farmacia hospitalaria
Imagen del artículo A Xunta destina 30 M€ para a primeira fase de adquisición de equipamento do Hospital Público Novo Montecelo
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024

O Consello da Xunta abordou esta mañá a primeira fase do plan de investimentos do Hospital Novo Montecelo de Pontevedra, unha actuación en que o Goberno galego investirá 30 millóns de euros e que posibilitará avanzar na instalación do equipamento co obxectivo de comezar a tratar os primeiros pacientes a finais de 2025.

Así, esta fase inicial do plan de equipamento e dotación do Novo Montecelo conta con 14 tipoloxías e representará un dos principais investimentos que o Executivo galego ten previsto para o Servizo Galego de Saúde no proxecto de orzamentos do vindeiro ano.

Deste xeito, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra será o primeiro de Galicia en contar coa totalidade dos seus quirófanos dixitais, o que posibilitará a súa integración completa cos sistemas operativos do Servizo Galego de Saúde. Esta mellora, á cal a Xunta destinará unha partida de 1.480.000 euros, permitirá a interconexión dos diferentes equipos xeradores de imaxe no quirófano, a transferencia de imaxe e son fóra do propio quirófano, ademais da integración dos datos nos sistemas corporativos do Sergas (como a historia clínica electrónica IANUS).

Outro dos equipamentos previstos será o de imaxe intraoperatoria para mellorar a obtención de imaxes na área cirúrxica ou en contornos minimamente invasivos. O seu orzamento estimado é de 3.120.000 euros.

Dentro da área de cirurxía, tamén se prevén 2.620.000 euros para dotar o Novo Montecelo dunha central de esterilización para o procesamento do seu instrumental.

Ecógrafos, Radioterapia e Medicina Nuclear

A partida máis importante que inclúe a fase inicial do plan de dotación son os 5.023.315 millóns de euros que se destinarán á adquisición de equipos de ecografía con destino ao conxunto de servizos do novo hospital.

Así mesmo, os novos servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear contan cunha consignación de 1.580.000 euros. Ademais, o Goberno galego licitará por 125.000 euros a compra de mobiliario clínico e equipamento, con destino a estas dúas unidades. Cómpre destacar que dotar con estas novas unidades o Hospital Público de Pontevedra evitará o desprazamento a Vigo de máis de 500 pacientes ao ano.

Entre as partidas reservadas para equipar o Novo Montecelo destaca tamén o investimento que se realizará para adquirir equipos de alta tecnoloxía, cuxo importe ascenderá, segundo as previsións, a 1.110.000 euros. En concreto, adquirirase equipamento para a realización de estudos xerais de cabeza e colon, de tórax, abdome e musculoesqueléticos, estudos neurolóxicos e cardiolóxicos. Nomeadamente, mercarase un tomógrafo computarizado para o servizo de Urxencias (659.000 euros) e investiranse 451.000 euros en dúas salas de radioloxía dixital sincronizada.

Farmacia hospitalaria e laboratorios

Pola súa banda, no que atinxe á farmacia hospitalaria, destinaranse máis de 2,5 millóns de euros para a robotización e automatización do almacenamento mediante sistemas de carrusel horizontal e vertical, co obxectivo de mellorar a rastrexabilidade e seguridade, e reducir o traballo automático do persoal na dispensación de medicamentos a pacientes ingresados ou ambulantes.

Tamén se adquirirá novo mobiliario e equipamento para os laboratorios de bioquímica, microbioloxía, hematoloxía e anatomía patolóxica. Dedicaranse 1.670.000 euros coa premisa de centralizar o fluxo das mostras e a información.

Outro equipamento hospitalario

O plan reserva 2.250.000 euros para a compra de camas de hospitalización xeral (1.285.000 euros), camas de pacientes críticos (615.000 euros) e cadeiras de brazos (350.000 euros).

Así mesmo, para a adquisición de elementos de suspensión e subministración estímanse 2.115.000 euros, incluíndo cabeceiros da área de críticos (1.210.000 euros), columnas de cirurxía e de anestesia (760.000 euros) e guindastres (145.000 euros).

Para mellorar o seguimento dos pacientes críticos ou inestables e a rastrexabilidade dos parámetros fisiolóxicos, o plan dedica 2.321.826 euros aos sistemas de monitorización de pacientes. Nesta epígrafe inclúese tamén un sistema de monitorización na área materno-fetal (313.390 euros) co cal se centralizará o seu seguimento.

Por último, na área de cociña hospitalaria investiranse 3.800.000 euros para equipar e adecuar as novas instalacións, e incluiranse 219.858 euros para a compra de cabinas de seguridade e mesas de traballo.

Adianto de investimentos

Este plan de investimentos do Novo Montecelo xa conta en 2024, como adianto, con 2,6 millóns de euros destinados á compra de lámpadas cirúrxicas (603.499 euros) e distintos tipos de respiradores (2.034.615 euros). Este equipamento, a medida que sexa recibido, será utilizado xa no actual hospital para o seu aproveitamento.

Do mesmo xeito, en 2023 investíronse 7,7 millóns de euros para dotar con equipamento de alta tecnoloxía os actuais servizos do hospital pontevedrés e cos cales se ampliarán os servizos do Novo Montecelo. Esta actuación foi financiada pola Unión Europea, a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Así, permitiu adquirir, por un lado, dous equipos de tomografía computarizada e unha resonancia magnética -xa en uso no actual hospital-. E, polo outro, para crear en Pontevedra os servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear, mercáronse dous aceleradores, unha gammacámara, un equipo de hemodinámica e outro de tomografía computarizada, que xa se atopan instalados no búnker do Novo Montecelo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/09/2024
521556 {"title":"A Xunta destina 30 M€ para a primeira fase de adquisición de equipamento do Hospital Público Novo Montecelo","published_date":"2024-09-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"521556"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-30/521556-xunta-destina-30-m-primeira-fase-adquisicion-equipamento-do-hospital-publico-novo-montecelo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.