A Xunta abre a porta a que todas as empresas soliciten solo gratuíto durante oito anos en réxime de dereito de superficie

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda destaca que a Xunta vai poñer a disposición do tecido produtivo máis de medio millón de metros cadrados "situados nunha vintena de áreas industriais"
  • É a primeira vez que o empresariado galego poderá tomar parte nun concurso público en que se oferte de xeito conxunto a compra de solo e o dereito de superficie
  • A medida, incluída na nova estratexia de política industrial do Goberno galego, busca facilitar o asentamento de novas empresas na Comunidade 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello tomou razón hoxe das bases que rexerán o concurso público de venda e concesión do dereito de superficie de parcelas de solo empresarial propiedade de Xestión do solo de Galicia Xestur, S.A., que inclúen a posta á disposición de solo gratuíto durante os oito primeiros anos en réxime de dereito de superficie. Unha medida pioneira que lle permitirá ao tecido empresarial galego acceder a máis de medio millón de metros cadrados situados "nunha vintena de áreas industriais da comunidade".

Rueda lembrou que se trata dunha medida que o Executivo autonómico se comprometou a levar a cabo "nos primeiros meses da lexislatura" e que ten por obxectivo facilitar o asentamento de novas empresas na Comunidade ou ampliar as existentes a través de novos incentivos. 

Deste xeito, a Administración autonómica licitará nos próximos días e, por primeira vez, de xeito simultáneo, a posibilidade de adquirir solo empresarial e a concesión do dereito de superficie, de maneira que todas as parcelas se poderán solicitar en calquera dos dous réximes. E no caso de apostar pola segunda fórmula, tal e como explicou Rueda permitirá que durante os oito primeiros anos o custo sexa cero, e que a partir do noveno se manteñan as condicións actuais, de maneira que o canon anual para aboar sería do 3,5% do prezo de venda da parcela. 

Cómpre lembrar que ata a data, a concesión de solo en dereito de superficie estaba limitado a supostos moi excepcionais e implicaba o aboamento durante os primeiros anos dunha porcentaxe do prazo completo de venda da parcela: 1,5% para os dous primeiros anos, 2,5% para os seguintes dous anos, e para o quinto e sucesivos o 3,5% . Para os casos de adquisición de parcelas, o Goberno galego mantén a fórmula anterior, de maneira que se promove unha bonificación do 30 ou do 50%.

Outras novidades

As novas bases inclúen máis novidades con respecto a concursos anteriores. Así, no caso de concorreren varias solicitudes sobre unha mesma parcela nun mesmo réxime (venda ou dereito de superficie), "terán preferencia aqueles proxectos declarados previamente como empresariais singulares" por Xestur ou os declarados polo Consello da Xunta como proxectos industriais estratéxicos. Para a súa consideración, teranse en conta o interese e a incidencia para o tecido industrial galego, que creen un mínimo de 25 empregos (entre directos e indirectos), que supoñan un investimento mínimo de dous millóns de euros ou a necesidade de ampliación do negocio xa existente. 

Así mesmo, no caso de adquisición primarase "a oferta maior sobre a menor e a quen sexa propietario dunha parcela lindeira coa solicitada", indicou Rueda. E, en ambos os dous casos (propiedade ou dereito de superficie doutras parcelas no mesmo parque empresarial), terá preferencia o ofertante que sexa dono dunha parcela ou parcelas no mesmo parque empresarial, que non sexan coestremeiras e se xustifique a necesidade de ampliación dunha industria ou establecemento xa existentes na mesma área.

Outra das novidades é que se dará prioridade a aquelas iniciativas que promovan a eficiencia enerxética a través do autoconsumo ou o uso de enerxías renovables, ou se comprometan a formar parte de comunidades enerxéticas. 

O novo concurso público de venda e concesión de dereito de superficie das parcelas propiedade de Xestur porá ao dispor do empresariado galego preto de 522.000 metros cadrados en case unha vintena de áreas empresariais da Comunidade galega, unha cifra que se verá incrementada nos próximos meses a medida que se vaian incorporando novos proxectos de desenvolvemento do solo impulsados desde a Administración autonómica. 

Deste xeito, o Goberno galego avanza na nova estratexia de política industrial que busca, fundamentalmente, impulsar novos sectores industriais estratéxicos; detectar e integrar novas cadeas de valor; promocionar a formación, a atracción de talento e o emprego de calidade, e mellorar a competitividade da industria galega a través da innovación, a dixitalización, a sustentabilidade e a internacionalización a través do Plan de impulso e aceleración de proxectos industriais. 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/09/2024
521273 {"title":"A Xunta abre a porta a que todas as empresas soliciten solo gratuíto durante oito anos en réxime de dereito de superficie","published_date":"2024-09-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/119087-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"521273"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-30/521273-xunta-abre-porta-as-empresas-soliciten-solo-gratuito-oito-anos-rexime-dereito-superficie https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.