A Xunta destinou 3,5 M€ en axudas para apoiar iniciativas de empresas, autónomos e entidades sociais para o tratamento de residuos téxtiles en Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez pon en valor o compromiso coa redución da xeración de refugallos, a economía circular e a innovación da empresa coruñesa, que produce un material novidoso e sostible a partir de material téxtil e aplicable en mobles e na construción
  • Antes de final de ano publicarase unha nova convocatoria para financiar actuacións destinadas á preparación para a reutilización e a reciclaxe deste tipo de residuos, que os concellos deberán recoller de forma separada a partir do 1 de xaneiro de 2025

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Arteixo (A Coruña), 26 de setembro de 2024

A Xunta concedeu nos últimos anos 3,5 millóns de euros en axudas para apoiar iniciativas e proxectos promovidos en Galicia por empresas, autónomos, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro relacionadas coa xestión e recuperación de residuos téxtiles recollidos de forma separada.

Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita á planta que ten en Arteixo a empresa Insertega (Iniciativa Social Emprendedora da Reciclaxe Téxtil en Galicia), que se dedica precisamente ao tratamento deste tipo de residuos e aposta polo I+D+i nos seus procesos produtivos.

Acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e da directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, a conselleira puxo esta firma como exemplo do "potencial deste sector" desde o punto de vista da creación de emprego verde, de calidade e inclusivo.

De feito, Insertega, que dá emprego directo a preto de 70 persoas, recibiu desde o ano 2022 dúas subvencións da Xunta por un importe global de 657.000 euros destinadas a ampliar e mellorar a planta de clasificación que ten a empresa en Almeiras (Culleredo) e as instalacións de Sabón que visitou esta mañá.

A conselleira explicou que, grazas a unha destas axudas, naceu o proxecto Equore, froito da unión entre Insertega e Ofimor Group e que actualmente se dedica á produción dun material novidoso e sostible fabricado a partir de refugallos téxtiles non recuperables. Trátase, concretamente, dun revestimento reciclado e personalizable en diferentes acabados e texturas con aplicacións moi interesantes para a fabricación de mobles e tamén no eido da construción.

Neste sentido, Ángeles Vázquez puxo en valor o esforzo e compromiso de empresas como estas cos obxectivos europeos de redución da produción de refugallos e o impulso á economía circular, que busca prolongar ao máximo a vida útil dos produtos a través de novos usos e aplicacións que permitan integralos de novo no mercado.

Ademais, destacou a importancia das outras dúas liñas de produción nas que está especializada a empresa coruñesa: por un lado, a preparación para a reutilización daqueles residuos téxtiles aptos para a súa venda posterior en tendas de segunda man e por outro, a fabricación de material reciclado que se utiliza despois como materia prima para a industria téxtil e outros usos. Unha actividade coa que, recalcou, evitouse a xeración de 14.000 toneladas de gases contaminantes.

Novas obrigas e necesidades

Cómpre lembrar que a Estratexia europea para a circularidade e a sustentabilidade dos produtos téxtiles propón que para o ano 2030 todos os produtos téxtiles comercializados na UE sexan reciclables e estean fabricados en gran parte a partir de fibras recicladas e libres de substancias perigosas.

Ademais, a partir do 1 de xaneiro do ano que vén os concellos de toda España terán que ter implantada a recollida selectiva dos residuos téxtiles de carácter doméstico, dúas circunstancias que xerarán novas necesidades para garantir a xestión desta fracción e tamén oportunidades de negocio nun sector moi importante en Galicia.

Por iso, Ángeles Vázquez anunciou que o seu departamento seguirá apoiando a aquelas pequenas e medianas empresas e entidades sen ánimo de lucro que decidan impulsar novos proxectos ou ampliar os que xa teñan en marcha para a xestión da fracción téxtil, unha colaboración que se concretará, segundo dixo, antes de que remate 2024 a través de novas convocatorias de axudas en liña coas publicadas nos dous anos anteriores.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/09/2024
509749 {"title":"A Xunta destinou 3,5 M€ en axudas para apoiar iniciativas de empresas, autónomos e entidades sociais para o tratamento de residuos téxtiles en Galicia","published_date":"2024-09-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/118681-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"509749"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-26/509749-xunta-destinou-3-5-m-axudas-apoiar-iniciativas-empresas-autonomos-e-entidades-sociais-tratamento-residuos-textiles-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.