A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra cun investimento de máis de 1,2 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • M. Allegue subliña a importancia destas axudas de rehabilitación e renovación de vivendas para "seguir a construír fogares e para poñer en valor as contornas e vilas polas dos itinerarios dos Camiños de Santiago"
  • No caso da ARI Camiños de Santiago destínanse 865.387€ e no caso da ARI Ribeira Sacra, 361.544€ e as axudas permiten sufragar ata o 50% ou 75% da actuación
  • As persoas, comunidades de propietarios e asociacións de comunidades de propietarios poderán presentar as súas solicitudes ata o 23 de outubro e as axudas, que poden acadar ata 30.000€ 
  • Para poder acollerse a estas subvencións é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS, que se obtén despois de realizar as obras de rehabilitación
  • Entre 2021 e 2023 a Administración autonómica concedeu case 600 axudas, por importe de 6,5M€ para actuacións nestas áreas de rehabilitación, que permitiron a rehabilitación de 1.500 vivendas
Imagen del artículo A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra cun investimento de máis de 1,2 M€
Vilamarín (Ourense),  24 de setembro de 2024

A Xunta vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra, ás que destina un orzamento total de 1,2M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe en Vilamarín, xunto ao delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, unha das vivendas rehabilitadas a través destas achegas e destacou a aposta da Administración autonómica para impulsar actuacións que poñan en valor os Camiños e os lugares e vilas que atravesan.

M. Allegue visitou e puxo como exemplo destas actuacións a reforma realizada pola propietaria, que obtivo unha achega de 34.000€ da ARI Camiños de Santiago ao tratarse dunha rehabilitación dun conxunto de catro edificacións en ruínas para convertelas nunha vivenda unifamiliar. A conselleira destacou que estas actuacións permiten "seguir a construír fogares e poñer en valor as contornas e vilas onde se realizan as intervencións", como foi neste caso no lugar de Bouzas, en Vilamarín.

Subliñou tamén que as case 600 axudas concedidas pola Xunta para actuacións de rehabilitación e renovación nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra permitiron a recuperación de 1.500 vivendas nos concellos integrados nestas contornas desde o ano 2021.

A conselleira apuntou que estas rehabilitacións constitúen "un motor de desenvolvemento económico para os lugares polos que transcorren os itinerarios dos Camiños". "Sons actuacións que xeran emprego e atraen investimentos, revitalizando barrios -engadiu-.  Permítennos, polo tanto, seguir a transformar as nosas vilas, cidades, os conxuntos históricos e núcleos singulares. En definitiva, avanzar no noso compromiso de seguir a transformar e mellorar o país, para o que non deixaremos de traballar". 

Beneficiarios das actuacións

En concreto, a Xunta destina 865.387€ ás rehabilitacións na ARI dos Camiños de Santiago e 361.544€ na da Ribeira Sacra. Trala publicación onte da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) desde hoxe e ata o 23 de outubro poderán solicitarse estas achegas convocadas pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Para poder acollerse a esta convocatoria de subvencións é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS, que se obtén despois de realizar as obras de rehabilitación.

Para contar con esa cualificación definitiva e poder optar a futuras convocatorias destas axudas, antes é preciso obter a cualificación provisional, un trámite que se pode realizar por vía electrónica na sede da Xunta e que ten o prazo aberto ata xuño de 2025. No momento en que se finaliza a actuación, os solicitantes teñen que comunicar o fin da obra e xustificala para solicitar a cualificación definitiva, a fin de poder acceder á convocatoria de axudas de rehabilitación.

No ámbito das dúas ARI supramunicipais poderán solicitar a cualificación provisional e definitiva as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades; as agrupacións de propietarios; e as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

A contía das achegas non poderá superar o 50% do importe subvencionable da actuación. Este límite incrementase ata o 75% se os ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda son inferiores a 3 veces o IPREM ou cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. O importe máximo das axudas poderá acadar os 30.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/09/2024
502062 {"title":"A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para as áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra cun investimento de máis de 1,2 M€","published_date":"2024-09-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"502062"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-24/502062-xunta-lanza-unha-nova-convocatoria-axudas-as-areas-rehabilitacion-dos-caminos-santiago-e-ribeira-sacra-cun-investimento-mais-1-2-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.