A Xunta anima ás entidades da Alianza galega polo clima a recorrer á oficina técnica da iniciativa para aproveitar as sinerxías fronte ao quecemento global

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez apela á Responsabilidade Social Empresarial para continuar traballando da man de cara a acadar unha economía baixa en carbono, unha eficiencia enerxética, unha mobilidade sostible e unha xestión responsable dos residuos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ferrol, 24 de setembro de 2024

A Xunta anima ás entidades da Alianza galega polo clima a recorrer á oficina técnica da iniciativa para aproveitar as sinerxías fronte ao quecemento global e fortalecer a colaboración pública-privada para reforzar a resiliencia da Comunidade.

Durante a súa intervención na clausura do I Congreso Ferrolterra sostible, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que as entidades adheridas a esta iniciativa teñen á súa disposición unha oficina de apoio en liña para acelerar a adopción de prácticas de sostibilidade ambiental que permitan avanzar cara á neutralidade climática.

"A loita contra o cambio climático é un compromiso transversal, conxunto e coordinado das administracións e do tecido produtivo e social da Comunidade para multiplicar o efecto das accións individuais", engadiu Ángeles Vázquez, que fixo fincapé en que Galicia leva anos traballando nese eido e, de feito, xa deu pasos importantes. Así, puxo como exemplo que se converteu na rexión na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (58,8%) desde 1990, superando o obxectivo do 55% establecido pola Unión Europa para 2030.

Nesa liña, a conselleira apelou á Responsabilidade Social Empresarial para "continuar traballando da man" de cara a acadar unha economía baixa en carbono, unha eficiencia enerxética, unha mobilidade sostible e unha xestión responsable dos residuos. Ademais, tamén incidiu na importancia de concienciar á sociedade sobre a necesidade de protexer o noso medio ambiente.

Para concluír, Ángeles Vázquez puxo en valor o compromiso de Ferrol na loita contra o cambio climático. Tal e como lembrou a conselleira, a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, ademais de estar adherida á Alianza galega polo clima, aposta por un crecemento sostible da actividade portuaria, loxística e industrial.

E, por outra banda, o Concello de Ferrol forma parte do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía desde 2019 e un ano despois aprobou o seu Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES) cunha visión a longo prazo que pretende converter a cidade nun exemplo rexional na loita contra o quecemento global.

Cooperación interdepartamental

A maiores, Ángeles Vázquez tamén salientou que dentro de cada Administración a coordinación entre departamentos é fundamental para que a política climática sexa efectiva. Así, lembrou que onte mesmo o Consello autorizou o acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a de Sanidade para impulsar estudos, accións e medidas conxuntas que permitan avanzar cara a un sistema público de saúde en Galicia máis sustentable, respectuoso co medio ambiente e neutro desde o punto de vista das emisións.

Cunha vixencia de dous anos, prorrogables por outros dous, o acordo abrangue desde a posta en marcha de liñas de investigación, estudos de viabilidade ou de impacto da implantación de programas, ata a implementación práctica de mecanismos concretos neste eido e a avaliación do seu impacto tanto no sistema público sanitario coma nas persoas usuarias, co obxectivo primordial de velar pola saúde da cidadanía tamén a través dunha xestión eficiente dos recursos que contribúa á súa sostibilidade.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/09/2024
502051 {"title":"A Xunta anima ás entidades da Alianza galega polo clima a recorrer á oficina técnica da iniciativa para aproveitar as sinerxías fronte ao quecemento global","published_date":"2024-09-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/117878-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"502051"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-24/502051-xunta-anima-as-entidades-da-alianza-galega-polo-clima-recorrer-oficina-tecnica-da-iniciativa-aproveitar-as-sinerxias-fronte-ao-quecemento-global https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.