Luz verde á construción da nova facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio económico da Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda informa que o Goberno galego "inxectará 12M€ ata 2026" para a construción deste centro a través do Plan de infraestruturas
  • Destaca que, ademais desa inxección directa, a Xunta autoriza á USC a "negociar coas entidades bancarias o aprazamento da débeda doutros case 10M€, o que lle dá unha dispoñibilidade de fondos de 22M€"
  • Deste xeito, impúlsase a mellora das infraestruturas universitarias públicas galegas, no marco do Plan de infraestruturas da Xunta, que mobilizará máis de 100M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten luz verde para construír a nova Facultade de Farmacia na capital Galicia, "un dos edificios máis demandados pola comunidade educativa". Así se desprende do informe analizado no Consello, polo que a Xunta confirma a dispoñibilidade de fondos para a edificación desta facultade e evitar así que o alumnado "teña que repartirse entre outras facultades", tal e como apuntou o titular do Goberno galego.

Para iso, o Goberno galego "inxectará 12M€ á USC ata 2026" para a construción deste edificio a través do Plan de infraestruturas universitarias, a razón de 4M€ nas anualidades de 2024, 2025 e 2026. Súmanse aos 4M€ que xa se transferiron á universidade compostelá ao abeiro deste plan en 2023, e que se están a destinar fundamentalmente á rehabilitación da Facultade de Química. Entre os compromisos de colaboración entre Xunta e USC en materia de infraestruturas tamén se mantén o compromiso co traslado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Por outra banda, tal e como salientou Rueda, a Universidade de Santiago de Compostela "poderá negociar coas entidades bancarias o aprazamento do pagamento da débeda doutros case 10M€, o que lle dará á universidade unha dispoñibilidade de fondos de 22M€".

Con estes fondos, a USC comprométese a executar un proxecto de construción para a Facultade de Farmacia de 24,5M€. "O resto do financiamento, 2,5 M€, sairá dos fondos propios da universidade", engadiu, ao tempo que sinalou que a previsión da USC é "comezar as obras de construción o ano que vén e que  a nova facultade estea rematada no 2027".

Desta forma impúlsase a mellora das infraestruturas universitarias públicas galegas, no marco do Plan de infraestruturas que o Goberno galego habilitou o pasado ano para este fin, cun orzamento total de 40M€.

Nova Cidade da Saúde

A Universidade de Santiago de Compostela fixou entre os seus obxectivos no marco do Plan de infraestruturas a creación da nova Cidade da Saúde na capital galega, un conxunto de edificios que acollerá a Facultade de Enfermaría, a Facultade de Farmacia, un centro de investigación na área de Ciencias da Saúde e un aparcadoiro.  A previsión é construír módulos enerxeticamente eficientes, cunha baixa demanda e con produción propia de enerxía mediante fontes renovables.

Coa nova inxección económica garántese a viabilidade, dentro da Cidade da Saúde, da nova Facultade de Farmacia, un dos edificios máis demandados pola comunidade universitaria, dada a deterioración do edificio actual, que leva afectando o alumnado e docentes desde hai case unha década.

Mobilizar máis de 100M€

Ambas as actuacións enmárcanse no Plan de infraestruturas universitarias da Xunta, a través do que inxecta ás tres universidades públicas galegas ata 2026 un total de 40M€ para a mellora dos seus centros e facultades. A través deste plan, complementario aos recursos propios das universidades e a outro tipo de axudas que poidan percibir, prevese mobilizar arredor de 100M€.

O obxectivo é seguir avanzando na consolidación da excelencia e calidade do Sistema universitario de Galicia, a través de melloras nas infraestruturas dos sete campus, tanto rehabilitacións como construción de novos edificios modernos para facultades e centros de investigación adaptados aos retos de futuro.

Este investimento súmase, como unha cantidade adicional, ao Plan galego de financiamento universitario 2022-2026, a folla de ruta de financiamento estable e certo coa que contan as universidades galegas. Engádese, ademais, ao convenio asinado en 2021, por importe de 4,5M€, para a mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas universitarias, como anticipo a este plan de Infraestruturas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/09/2024
498710 {"title":"Luz verde á construción da nova facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio económico da Xunta","published_date":"2024-09-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/117854-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"498710"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-23/498710-luz-verde-construcion-da-nova-facultade-farmacia-da-universidade-santiago-compostela-co-apoio-economico-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.