López Campos lembra a un Vicente Risco "alicerce da nosa cultura" no 140 aniversario do seu nacemento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Louba o "gran traballo que realiza a fundación que leva o nome do intelectual por manter vivo o seu legado, tan importante para Galicia, de cara ás xeracións futuras"
- Destaca, ademais, o apoio do Goberno galego ás iniciativas encamiñadas a estudar e preservar a obra e pensamento das figuras históricas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Allariz (Ourense), 21 de setembro de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe nos actos de celebración do 140 aniversario do nacemento de Vicente Risco, organizados en Allariz pola fundación dedicada ao intelectual. Unha efeméride na que o representante da Xunta gabou o labor desta entidade polo "gran traballo que realiza por manter vivo un legado tan importante para Galicia, de cara a ao seu coñecemento polas xeracións futuras, e polas súas iniciativas en prol da cultura en xeral".
Neste senso, López Campos, apuntou que "lembrar a figura de Risco é lembrar os alicerces da nosa cultura, construída xunto con outros nomes sobranceiros da nosa historia, os que contribuíron en boa parte a forxar unha identidade que perdura ata os nosos días". É por iso, recordou, que desde a Administración autonómica estase en continua colaboración coas accións encamiñadas a seguir estudando e preservando a obra e o pensamento dos persoeiros históricos como é neste caso un home que desenvolveu as súas inquedanzas en moi diversos eidos, desde o literario ao político.
O titular de Cultura do Goberno galego estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha xornada que, ademais dun acto institucional, incluíu un roteiro risquiano dramatizado pola vila que custodia os fondos bibliográficos, documentais e plásticos do autor. Unha visita que, baixo o lema Naceu un mozo, serviu para renderlle homenaxe reunindo ao pobo na casa que alberga a Fundación Vicente Risco.