Ultreia Ourense analiza co apoio da Xunta os retos do sector emprendedor de Galicia nos ámbitos do turismo, o sector agroalimentario ou vitivinícola
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A xerente de Galicia Calidade participou hoxe nunha das mesas organizadas pola Confederación de Empresarios de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 18 de setembro de 2024
A directora-xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou hoxe nunha mesa redonda do sector agroalimentario e vitivinícola, dentro do programa Ultreia Ourense, organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia onde tamén se falou dos retos do emprendemento no ámbito do turismo. A información recabada en todas as mesas celebrada dará lugar a un informe de conclusións que se presentarán nas vindeiras semanas.
Na mesa de traballo tamén se analizaron os retos futuros do sector entre os que se destacaron o envellecemento da poboación, a fragmentación do sector, a sostenibilidade, a internacionalización, os custes de producción e a falla de innovación. Así mesmo, tamén se puxeron en valor as oportunidades coas que conta o sector para a súa diferenciación e crecementos nos vindeiros exercicios. A aposta pola calidade, apoiados na marca de garantía Galicia Calidade dependente de Turismo de Galicia, acompañada da innovación, a especialización e a sostenibilidade son eixos principais nos que as empresas do sector deben mirarse para fortalecer o seu crecemento.
Turismo gastronómico e enoturismo
No encontro tamén se destacou o potencial turístico dentro do sector da alimentación e o viño, apostando por un turismo gastronómico e polo enoturismo, nunha provincia con gran potencial nas súas zonas vitivinícolas como o Ribeiro, Valdeorras, Monterrei ou a Ribeira Sacra, que atrae a turistas interesados na cultura do viño e a gastronomía.
Como se indicou, a experiencia de visitas a adegas, con catas maridaxes pode supoñer un potencial para as comarcas, atraendo a visitantes doutros puntos da xeografía española ou internacionais que dinamicen a economía local e ofrezan unha fonte adicional de ingresos para os produtores. Así mesmo, tamén o agroturismo, unha conexión entre os consumidores coa orixe dos alimentos, fomentando as visitas a granxas e explotacións rurais, que xera novas fontes de ingresos e reforza o vínculo entre os produtores locais e os turistas.