Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na sexta edición do 'Festival de Música Antiga e Barroca'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A cita celebrarase do 2 ata o 16 de outubro con concertos e outras actividades complementarias en Santiago de Compostela
  • O director xeral de Cultura salienta a colaboración do Goberno galego con esta iniciativa e pon en valor ao Ateneo como "espazo de entendemento e coñecemento" na promoción de propostas para a cidadanía

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 18 de setembro 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo asistiu hoxe ao acto de inauguración do VI Festival de Música Antiga e Barroca organizado polo Ateneo Barroco que se celebra do dous ata o 16 de outubro e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Neste encontro convidou á cidadanía a achegarse ata Santiago de Compostela para "gozar da cultura e da música neste encontro ao que se van achegar artistas destacados desta modalidade musical".

Durante o acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que o certame, que vai pola súa sexta edición, ofrecerá concertos e distintas actividades complementarias que se atopan enmarcadas dentro dos obxectivos do Goberno galego de reactivar e apoiar o sector musical en todos os xéneros. Neste senso, o director xeral de Cultura salientou que esta cita conta coa colaboración da Xunta a través das subvencións a festivais.

No marco desta presentación, Anxo M. Lorenzo tamén puxo en valor ao Ateneo de Santiago, "unha entidade xa consolidada como espazo de entendemento e coñecemento, que promove diversas actividades para a cidadanía". Deste xeito, sinalou "o importante que é que, dende as institucións públicas, se lles dea axuda a asociacións que difunden e dan valor á nosa cultura".

Certame e actividades complementarias

A cita inclúe os concertos que terán lugar en diferentes localizacións onde o mércores dous de outubro actuarán no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia a soprano Roberta Invernizzi, o tenor Marcello Nardis e Ars Atlántica dirixidos polo director Manuel Vilas. O sábado cinco será o turno de Concert le Phénix e Fernando Santiago na igrexa da Universidade, onde tamén estarán El Afecto Ilustrado e Adrián Linares o martes 15.

O Teatro Principal acollerá o luns sete de outubro a Dolce Rima, o martes oito a Diego Ares e o sábado 12 a La Reverencia e a Andrés Alberto Gómez. Finalmente, a carón destas citas, tamén haberá unha serie de actividades complementarias que inclúen outros encontros como conferencias, un club de lectura, unha proxección e improvisacións.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/09/2024
482674 {"title":"Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na sexta edición do 'Festival de Música Antiga e Barroca'","published_date":"2024-09-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1449676\/_G8A4900.JPG","id":"482674"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-18/482674-anxo-m-lorenzo-convida-gozar-da-cultura-na-sexta-edicion-do-festival-musica-antiga-e-barroca https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.