María José Gómez felicita o equipo de mozos gandeiros gañadores do concurso internacional de manexo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A titular de Medio Rural e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias recibiron ao grupo de seis rapaces e rapazas da nosa comunidade que resultou vencedor neste certame, celebrado en Bélxica
  • A conselleira trasladoulles os parabéns da Xunta, puxo en valor o importante papel da mocidade no agro galego e, neste marco, salientou o Plan de remuda xeracional que está ultimando o seu departamento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Boqueixón (A Coruña), 16 de setembro de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polos directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; recibiu esta tarde no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) os mozos e mozas gandeiros galegos campións de manexo de gando no certame Young Breeders School (YBS).

A conselleira trasladou os parabéns da Xunta aos seis integrantes deste equipo, que se impuxo no devandito concurso internacional, celebrado do 28 de agosto ao  1 de setembro en Battic (Bélxica). Trátase de María e Andrea Otero, da granxa Fontixón (Castro de Rei, Lugo); Lorena Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo); Alba López, da Gandería Quintián (O Páramo, Lugo); Simón Blanco, da Gandería Queiruguera (Val do Dubra, A Coruña) e Xabier Montes, de Casa do Rei (Rodeiro, Pontevedra).

Nesta edición do YBS participaron un total de 180 mozos gandeiros procedentes de todo o mundo, agrupados en 29 equipos. O conxunto español, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros e a Federación Frisoa Galega, coa colaboración de Clun, acadou un fito sen precedentes, ao obter o primeiro posto na clasificación por países, superando a Suíza, que quedou en segundo lugar, e a Polonia, que ocupou o terceiro.

Plan de remuda

Nesta recepción, a titular de Medio Rural puxo en valor o importante papel da mocidade no agro galego e, neste marco, o Plan de remuda xeracional que está ultimando a Consellería cunha ampla perspectiva transversal, e que está baseado na formación, a sensibilización e a incorporación. Neste sentido, explicou que se traballará sobre a formación, favorecendo aínda máis a de carácter práctico, e puxo de exemplo a actividade formativa que se leva a cabo nos Centros de Formación e Experimentación Agraria dependentes da Consellería.

Neste contexto, Gómez destacou ademais a posta en marcha, antes de final de ano, do Banco de Explotacións, como ferramenta concibida para propiciar o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión, mediante compra ou arrendamento. Esta figura irá acompañada dunha novidosa liña de axudas, dotada con 2,1 millóns de euros ata o 2029, para favorecer a cooperación na sucesión de explotacións, beneficiando as persoas físicas ou xurídicas xefes de explotación que se xubilen ou teñan outras causas para ceder a súa granxa.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/09/2024
476777 {"title":"María José Gómez felicita o equipo de mozos gandeiros gañadores do concurso internacional de manexo","published_date":"2024-09-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/115268-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"476777"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-16/476777-maria-jose-gomez-felicita-equipo-mozos-gandeiros-ganadores-do-concurso-internacional-manexo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.