A Xunta investirá máis de 510.000 euros na mellora de camiños rurais en nove concellos da área de influencia de Pontevedra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial visitou os resultados das obras levadas a cabo grazas ao Plan Marco 2023-2024 e anunciou as actuacións que serán posibles grazas á convocatoria deste ano
- O Plan Marco 2024-2025 permitirá mellorar varios camiños municipais en Pazos, en Vilaboa, e a pavimentación no Lugar do Concello na parroquia de Agudelo, en Barro
- A convocatoria deste ano conta cun orzamento de máis de 3,2 millóns para o total da provincia de Pontevedra
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilaboa (Pontevedra), 16 de setembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora do camiño de Luciñas ás Cernadas, no concello de Vilaboa e dos accesos no Lugar de Ortigueira, na parroquia barrense de Valiñas.
As obras, que foron posibles grazas ao Plan Marco 2023-2024 da consellería de Medio Rural e contaron cun orzamento de preto de 50.000 e 47.000 euros respectivamente, permitiron mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos veciños e veciñas da zona.
O delegado territorial aproveitou a visita para anunciar as obras que se levarán a cabo nestes concellos grazas ao Plan Marco 2024-2025 e que, cun orzamento semellante ao do ano pasado, permitirán mellorar varios camiños municipais en Pazos, no caso de Vilaboa, e a pavimentación do lugar do Concello na parroquia de Agudelo, en Barro.
Cabe destacar que o Plan Marco 2024-2025 deixará na área de influencia de Pontevedra máis de 510.000 euros en investimentos que permitirán, ademais das obras citadas, mellorar viais municipais en Paradela e Barallo (Xende), no concello da Lama; a pavimentación dun camiño en Chan de Piñeiro e outro en Cabo Udra, en Bueu; a pavimentación do camiño de Caneda en Morillas, de Leiro en Couso, en Campo Lameiro; o ensanche e pavimentación no lugar de Veiguiña do Medio (Santa María de Sacos), en Cerdedo-Cotobade; a mellora e mantemento da estrada de acceso a Pastoriza, en Marín; a mellora do firme na travesía San Xoan e camiño Liñares, en Poio; e a mellora da drenaxe e o firme do camiño de Regodobargo, en Ponte-Caldelas.
Neste sentido, Reguera lembrou que estas axudas son "unha nova proba da importancia que ten a colaboración entre administracións e como a Xunta se apoia nos concellos para levar a cabo obras que teñan un impacto directo no día a día dos galegos e galegas".
O Plan Marco 2024-2025 conta cun orzamento para a provincia de Pontevedra de máis de 3,2 millóns de euros.