A Xunta presenta en Suecia as oportunidades que ofrece Galicia para investigadores estranxeiros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Axencia Galega de Innovación participa, xunto ás tres universidades públicas de Galicia, no Simposio 10º Aniversario da Asociación de Científicos Españois en Suecia
  • Esta actividade forma parte da campaña de difusión internacional da Xunta para promover a atracción e retorno de persoal investigador
Imagen del artículo A Xunta presenta en Suecia as oportunidades que ofrece Galicia para investigadores estranxeiros
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2024

Representantes da Xunta de Galicia e das universidades públicas galegas viaxou esta fin de semana a Suecia para participar nun seminario que organiza a Asociación de Científicos Españois en Suecia (ACES-SFFS) para conmemorar o 10º aniversario da súa fundación. Alí, a delegación galega presentou as oportunidades que ofrece a I+D+i galega ao persoal investigador e as estratexias e programas de captación, atracción e retención de talento.

Concretamente, participaron neste encontro María José Mariño, directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación; Santiago Cernadas, técnico da Oficina de Captación de Persoal Investigador da Universidade da Coruña; Mª Dolores Sánchez, da área de Promoción e Estratexia Científica da Universidade de Santiago, e Ana Mosquera, técnica da Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade de Vigo.

Esta viaxe forma parte dunha ampla campaña de difusión internacional das capacidades e oportunidades que ofrece Galicia ao persoal investigador. Impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o obxectivo é promover o retorno do persoal investigador galego no exterior e a atracción do talento científico internacional.

Desenvolver unha carreira científica en Galicia

Este esforzo de comunicación, concretado en diversas accións para dar a coñecer e posicionar a Galicia como un territorio para desenvolver una carreira científica de éxito, inclúe a presenza en encontros internacionais. Nestes eventos danse a coñecer iniciativas como o Programa Oportunius da Xunta, cuxo obxectivo é xerar, reter, retornar e atraer candidatos finalistas e gañadores das prestixiosas axudas do European Research Council (ERC), consideradas un indicador de excelencia científica.

No marco deste esforzo divulgador das capacidades científicas de Galicia, a Consellería de Ciencia colabora de maneira estable con distintas entidades, entre as que destaca RAICEX, a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior, e as súas delegacións nacionais. A participación en encontros dirixidos á comunidade científica internacional ten permitido que ao redor de 1.500 investigadores de todo o mundo coñezan de primeira man a I+D+i galega e as súas oportunidades.

Ampla difusión no último ano

Así, desde setembro de 2023, representantes da Xunta e de diversas entidades galegas participaron en varios eventos científicos internacionais: Encontro anual CERFA (Berlín, setembro de 2023), Bridging European Science (Bruxelas, outubro de 2023), Conferencia da Presidencia da MSCA (Toledo, novembro 2023), I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, FIGaE (Bruxelas, marzo 2024), MCAA Annual Conference (Milán, marzo 2024), II Encontro da Asociación de Científicos Españois en Brasil, ACEBRA (en liña, xuño 2023) e XI Simposio Internacional de Científicos Españois en Reino Unido, SRUK/CERU (Londres, xuño 2023).

En outubro está previsto un encontro coas asociacións de científicos españois no Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) e a participación nas sesións informativas de Connects - UK.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 15/09/2024
473811 {"title":"A Xunta presenta en Suecia as oportunidades que ofrece Galicia para investigadores estranxeiros","published_date":"2024-09-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"473811"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-15/473811-xunta-presenta-suecia-as-oportunidades-ofrece-galicia-investigadores-estranxeiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.