Alfonso Villares sitúa a acuicultura ecolóxica como un piar fundamental na sustentabilidade e futuro do sector pesqueiro galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O responsable autonómico destaca a posición dos alimentos mariños con esta certificación que xa representan máis do 17% da facturación, que se sitúa en preto dos 20 millóns de euros anuais, coas conservas de peixe e as algas como produtos estrela
- Esta iniciativa, que nace froito dun convenio entre a Consellería do Mar e Craega, consiste na visita de varios concellos dunha foodtruck que repartirá petiscos e informará á cidadanía das bondades dos produtos pesqueiros ecolóxicos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilanova de Arousa, 13 de setembro de 2024
Desde o Goberno galego continúase reforzando as campañas de promoción e divulgación das propiedades e beneficios para a saúde que hai detrás do consumo do peixe, marisco e conservas. Nunha tarefa na que a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) colaboran co lanzamento da iniciativa 'Ecolóxicos a mares' que ten como obxectivo difundir e mellorar a comercialización dos produtos ecolóxicos do mar galego e contribuir a consolidar a Galicia como referente internacional no sector acuícola.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acudiu ao acto de presentación desta nova acción no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa onde manifestou o importante papel da acuicultura na consecución da imprescindible soberanía alimentaria así como na conservación dos recursos mariños. Nesta liña, puxo en valor que a nosa comunicade conta cun enorme potencial neste ámbito grazas aos ecosistemas de alto valor ecolóxico da costa galega.
O responsable autonómico sinalou que o sector ecolóxico certificado de Galicia segue consolidando o seu crecemento alcanzando unha facturación de 113 millóns de euros e xa conta con presenza en 279 municipios galegos. Neste contexto, a acuicultura ecolóxica representa máis do 17% da facturación coas conservas de peixe e a acuicultura e recolleita de algas como produtos estrela. Unha tendencia á alza sustentada nunha demanda crecente nos mercados con consumidores cada día máis sensibilizados a nivel ambiental e que procuran alternativas á produción industrial.
Alfonso Villares resaltou que esta iniciativa súmase a outras accións impulsadas desde a Xunta como a campaña GALICIA SABE AMAR que tamén ten como obxectivos a difusión do sabor e calidade dos produtos do mar galegos e as súas propiedades nutritivas e culinarias así como os beneficios que hai detrás do seu consumo. Ademais, tamén trata de impulsar a venda de estes alimentos e poñer en valor o labor dos profesionais do mar.
Foodtruck itinerante
A campaña 'Ecolóxico a mares' contará cunha foodtruck que visitará a partir do 14 de setembro e durante unha semana varios municipios galegos (Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Sanxenxo, Lugo e Ribadeo) onde repartirá petiscos de produtos ecolóxicos do mar. Por outro lado, repartirá material informativo sobre as bondades destes alimentos promovendo a confianza do consumidor e fomentado un sistema produtivo máis responsable e sostible.