Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis enerxía eléctrica renovable xera en España
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participa na apertura da I Xornada de almacenamento enerxético en Galicia organizada por Cluergal
- Destaca os datos que sitúan a Galicia como a segunda Comunidade autónoma que máis enerxía renovable xerou entre xaneiro e maio deste ano 2024
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da I Xornada de almacenamento enerxético en Galicia, organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
Durante a súa intervención, Fernández Vila destacou os datos que sitúan a Galicia como a segunda Comunidade autónoma que máis enerxía eléctrica renovable xerou entre xaneiro e maio deste ano 2024, coa enerxía hidráulica á cabeza, tan só por detrás de Castela e León. Deste xeito, incidiu na necesidade de apostar pola xestión e o almacenamento de enerxías renovables para aproveitar as súas grandes vantaxes.
Nesta liña, o director xeral salientou a nova Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan recursos naturais de Galicia como unha oportunidade para que a Comunidade galega siga avanzando no proceso de descarbonización e transición enerxética na loita contra o cambio climático. Ademais, Fernández Vila tamén manifestou a relevancia do sector das enerxías renovables en Galicia, supoñendo o 4% do PIB galego e o 0,9% do emprego total, con dez mil postos de traballo nas diferentes tecnoloxías renovables.