A Xunta sinala os administradores concursais como pezas clave nun sistema xudicial eficiente
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do 'VI Encontro nacional de actualización concursal e societario'
- O Goberno galego aposta pola colaboración e o diálogo cos operadores xurídicos para garantir unha Administración de Xustiza moderna, áxil e próxima á cidadanía
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 12 de setembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración do VI Encontro nacional de actualización concursal e societario, onde sinalou os administradores concursais como "pezas clave nun sistema xudicial eficiente". O conselleiro incidiu tamén na necesidade da colaboración e o diálogo entre a Xunta e os diferentes operadores xurídicos para garantir na Administración de Xustiza un servizo moderno, áxil e próximo á cidadanía.
Diego Calvo salientou á importancia de investir en formación e en coñecemento, con actividades como o encontro inaugurado hoxe, que convidan ao debate e a reflexión en temas de máxima actualidade da man de persoas expertas en diferentes eidos. Nesta liña, destacou contidos do programa como a reestruturación e sostibilidade empresarial, a Intelixencia Artificial ou a loxística e o transporte, todos eles fundamentais para a competitividade das empresas.
Na súa intervención, o conselleiro referiuse ao incremento do impacto do dereito concursal no societario, cunha cultura máis centrada na conservación da empresa que na súa liquidación co obxectivo de salvar a maior actividade e emprego. " E non só por facilitar a solución reestruturadora do convenio concursal, senón tamén por facelo posible antes e en lugar do concurso de acredores", engadiu.
Canto á Intelixencia Artificial, destacou a aposta da Xunta por combinar tecnoloxía e dereito para a automatización de tarefas repetitivas, a análise de datos e predición, e a mellora da investigación legal. Segundo apuntou, búscase así "fomentar a colaboración e a comunicación entre operadores xurídicos e económicos, ao tempo que se facilita un enfoque máis proactivo e transparente na prestación de servizos legais".