Os centros de FP de Ferrolterra contarán este curso con cinco novas aulas de tecnoloxía aplicada cun investimento de 275.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estas novas incorporacións súmanse aos dous espazos que xa viñan funcionando no CIFP Rodolfo Ucha e no CIFP Leixa
- Os espazos de tecnoloxía aplicada, que contan cun investimento de 55.000 euros para a súa posta en marcha, permiten a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 12 de setembro de 2024
Os centros de formación profesional de Ferrolterra contarán este curso con sete espazos de tecnoloxía aplicada, cinco deles de nova incorporación cun investimento de 275.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director do CIFP Rodolfo Ucha, Fernando López, visitou esta mañá o novo espazo que ten habilitado o centro este ano.
O Espazo de Investigación e Innovación de Edificación (EiiE) está deseñado para que o alumnado aprenda e experimente coas tecnoloxías máis recentes no levantamento, modelado e representación de proxectos de edificación e obra civil. Estará equipado con ordenadores, paneis interactivos, tabletas dixitais e lentes de realidade virtual, permitindo unha experiencia de aprendizaxe avanzada e inmersiva do alumnado do ciclo superior de Proxecto de Edificación.
Aneiros destacou a "revolución académica que supoñen espazos como esta aula EiiE, á hora de mellorar a cualificación dos estudantes, permitíndolles a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais", dixo. Nestas aulas empréganse metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, neste caso o da edificación, "o que redunda na mellora da formación na FP galega", explicou.
Durante a visita a delegada territorial tamén tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento do outro espazo de tecnoloxía aplicada do centro orientado ao comercio e ao márketing. Trátase dunha tenda intelixente 4.0 e almacén robotizado para a simulación do entorno comercial deseñadas para preparar aos futuros traballadores do sector comercio no manexo das novas tecnoloxías.
Xunto ao CIFP Rodolfo Ucha habilitáronse este ano novos espazos de tecnoloxía aplicada no CIFP Ferrolterra, no CIFP Leixa, no CIFP Fraga, de Pontedeume, e no IES Castro da Uz, das Pontes. Cada un deles recibirá un orzamento de 55.000 euros, conformando un investimento total de 275.000. euros nesta iniciativa.
Os centros de Ferrolterra que contarán este curso con espazos de tecnoloxía aplicada son os seguintes:
Concello | Estado | Centro | Proxecto |
Ferrol | En funcionamento | CIFP Leixa | Dental Leixa 4.0 |
Ferrol | En funcionamento | CIFP Rodolfo Ucha | Tenda intelixente 4.0 e almacén robotizado |
Ferrol | Nova incorporación | CIFP Ferrolterra | Aula TERA: Espazo Tecnolóxico de enerxías renovables e auga |
Ferrol | Nova incorporación | CIFP Leixa | Leixa saúde 4.0 |
Ferrol | Nova incorporación | CIFP Rodolfo Ucha | Espazo de Investigación e Innovación de edificación (EiiE) |
As Pontes | Nova incorporación | IES Castro da Uz | Aula tecnolóxica de simulación aumentada na FP |
Pontedeume | Nova incorporación | CIFP Fraga do Eume | Aula Multisensorial Polivalente |