López Campos destaca a unión da cultura, o turismo e a mocidade para potenciar o emprego xuvenil
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Resalta "a colaboración esencial das entidades para o funcionamento de programas que favorecen a transición á vida laboral"
- Considera moi positiva a "implicación dun sector que representa o 11% do PIB" para "traballar en estratexias culturais de calidade e respetuosas"
- Na actual edición, que abrangue o que resta de 2024 e o 2025, o Goberno galego destina á convocatoria case 1 M€

Santiago de Compostela, 10 de setembro 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Clúster Turismo de Galicia no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura co obxectivo de coñecer máis polo miúdo unha das entidades adheridas ao programa Xuventude Mentoring. Unha iniciativa, tal e como sinalou, "á que seguimos dando continuidade polo éxito acadado nas anteriores edicións e para seguir axudando e favorecendo a transición da mocidade á vida laboral mediante accións formativas e de orientación nas que participan entidades sociais, empresas, asociacións empresariais ou clústeres".
Neste senso, o titular de Cultura da Xunta destacou "a colaboración de distintos entes pertencentes a sectores económicos estratéxicos para Galicia, como é o caso do Clúster Turismo de Galicia, esencial para que este programa de mentoring funcione". Na mesma liña, destacou o seu papel como "canle de aprendizaxe e ferramenta fundamental para guiar aos mozos e mozas na procura de emprego nun eido de grande interese". Así, quixo agradecer a súa "implicación como facilitador do contacto das persoas novas co mundo profesional".
Ademais, López Campos, mostrouse especialmente satisfeito porque o sector do turismo participe desta iniciativa e a mocidade "poida recibir orientación e adquirir coñecemento nun campo tan estreitamente ligado á cultura". "O turismo é unha actividade que xera máis de 130.000 postos de traballo e supón o 11% do Produto Interior Bruto polo que resulta moi interesante que os mozos e mozas adquiran coñecementos que permitan "seguir traballando no desenvolvemento dun turismo cultural de calidade, que atraia ao visitante a coñecer os nosos bens, que sexa respetuoso co patrimonio e que facilite a convivencia entre foráneos e residentes".
Sobre o 'Xuventude Mentoring'
A través do Xuventude Mentoring preténdese favorecer a transición da vida académica á laboral asentándose en catro piares fundamentais. En primeiro lugar, dáselle prioridade ao traballo coas persoas mentoras con asesoramento, apoio e acompañamento aos participantes. En segundo, propóñense diferentes actividades formativas, tanto presenciais coma en liña, que se completan co terceiro piar, a asistencia a eventos de networking e visitas a empresas, destinadas a mellorar a empregabilidade e as redes de contacto. Por último, a través dun equipo de nove titores, lévase a cabo un seguimento continuado dos mozos favorecendo o contacto cos seus mentores.
Desde a súa posta en marcha, no ano 2021, levan participado na iniciativa 750 persoas, acadando un éxito que xustificou a sinatura de novos convenios de colaboración para o seu financiamento ao longo dos seguintes anos. Deste xeito, a Xunta ten por obxectivo que a porcentaxe de inserción laboral dos participantes chegue ata o 50%, cumprindo así coa promoción de medidas que favorezan a activación do emprego, especialmente para a xuventude.
Ademais do Clúster de Turismo de Galicia, tamén forman parte deste programa entidades como as tres universidades galegas, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, a Asociación Galega de Deseño e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia. En canto a fundacións e entidades, colaboran a Fundación Galicia Europa, a Fundación ERLAC, a Fundación Ronsel, Cogami e Igaxes. Finalmente as empresas Congalsa, Edicións Xerais de Galicia, Reclam, Bululú Creativos, Ingenyus, Dos Espacios, Marexada e NeoCK tamén participan no programa.