A Xunta leva a calidade e o mellor sabor dos produtos pesqueiros galegos á Seafood Asia Expo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Singapur, 9 de setembro de 2024
A Xunta continúa fondando na promoción do peixe, marisco e conservas galegas nos mercados internacionais apoiando a presencia de seis empresas galegas do sector na décimo segunda edición da Seafood Expo Asia celebrada na cidade de Singapur. O evento, homólogo da Seafood Expo Global de Barcelona ou a Seafood Expo North América de Boston, é unha das citas máis relevantes do sector e destaca pola diversidade de produtos como polo volume de negocio. Deste xeito, procurase xerar novas oportunidades para as compañías da cadea mar-industria da comunidade nun mercado especialmente importante pola súa condición de gran consumidor de alimentos mariños.
Neste certame prodúcese o encontro de proveedores da industria de todo o mundo con compradores de toda Asia resultando unha oportunidade única para introducir os produtos pesqueiros galegos nos mercados asiáticos. O ano pasado participaron máis de 4.370 profesionais procedentes de 77 países e contou con 360 expositores de 41 países. Na cita, que tivo lugar entre o 4 e o 6 de setembro, estivo presente a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), e as empresas Stlot Sea Farm, Cassua, Pescados Vixa, Fesba e Porto-Muíños.