Lete Lasa destaca o labor da Asociación de Médicos de Equipos de Fútbol e enxalza a dous referentes como os galegos Genaro Borrás e García Cota
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca o apoio da Xunta a este curso que ten lugar en Galicia e agradeceu iniciativas que "deixan tanto proveito turístico, intelectual e deportivo na nosa terra"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na inauguración do XXVIII Congreso anual da Asociación Española de Médicos de Equipos de Fútbol (AEMEF) que, nesta ocasión ten lugar no Estadio de Balaídos. Alí, o mandatario galego destacou o "asociacionismo e o traballo en equipo como dous baluartes fundamentais para o éxito, en calquera sector, sendo o deporte, o perfecto exemplo da forza da unión".
Lete Lasa lembrou a figura do xefe médico do Real Club Celta de Vigo e doutor da selección española de fútbol durante case 30 anos, Genaro Borrás, tristemente desaparecido no ano 2008. O que foi un dos grandes médicos deportivos de España e de Galicia, puxo o seu gran de area na fundación da AEMEF, sendo un dos 16 asinantes da súa constitución. Tras os pasos de Genaro, apuntou o secretario xeral, outro galego médico do Real Club Celta de Vigo e doutor da selección española de fútbol durante máis de 20 anos, segue os seus pasos. O responsable da carteira de Deportes destacou a Juan José García Cota, que no día de mañá impartirá unha mesa redonda sobre roturas de menisco, como "un dos mellores médicos cos que conta o deporte nacional". Neste sentido, Lete Lasa, lembrou que ambos médicos tiveron parte de protagonismo en dous dos máis grandes éxitos da selección española de fútbol: Genaro Borrás no ouro de Barcelona 92 e García Cota no Mundial de Sudáfrica de 2010.
O secretario xeral resaltou en numerosas ocasións a "capital importancia da medicina deportiva e os seus progresos que achegan novas posibilidades e beneficios aos nosos cidadáns e deportistas". Do mesmo xeito, destacou o apoio da Xunta a este curso que ten lugar en Galicia e agradeceu iniciativas que "deixan tanto proveito turístico, intelectual e deportivo na nosa terra".