Lorenzana reclama a Alcoa que complete os requirimentos da Xunta e amose a súa vontade de querer continuar coa actividade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • "Alcoa ten que ser seria con este expediente, ten que amosar a súa vontade de querer continuar coa súa actividade, de querer continuar traballando en Galicia e completar ese requirimento que lle está facendo o Goberno galego. Isto é esencial", subliña
  •  Apunta que todos os parques eólicos que dan subministración a Alcoa que son competencia da Xunta de Galicia están autorizados menos un, que ten xa declaración de impacto ambiental
  • Exixe ao Goberno central que dea cumprimento á súa palabra en relación a aqueles parques de Alcoa que tiñan decaídos os seus permisos de acceso e conexión e para os que estaba comprometida unha solución "en cuestión de semanas"
  • A Xunta urxe ao Estado a que convoque unha reunión para que Alcoa actualice a evolución do proceso de venda da compañía 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reclamou hoxe a Alcoa que complete os requirimentos da Xunta de Galicia para poder autorizar o recrecido da balsa de lodos vermellos que, dixo, é esencial para a actividade da planta.

Así o manifestou logo de manter unha xuntanza con representantes do comité de empresa da factoría de San Cibrao. "Agora mesmo está en mans de Alcoa completar ese requirimentos para que poidamos autorizar o recrecido da balsa, por suposto, con toda a tramitación ambiental complexa que isto supón", sinalou.

En palabras da conselleira, "Alcoa ten que ser seria con este expediente, ten que amosar a súa vontade de querer continuar coa súa actividade, de querer continuar traballando en Galicia e completar ese requirimento que lle está facendo a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Isto é esencial", enfatizou.

Lorenzana considerou que outro dos asuntos clave para o futuro da planta de San Cibrao é o enerxético. Ao respecto, apuntou que todos os parques eólicos que dan subministración a Alcoa que son competencia da Xunta de Galicia están autorizados menos un, que ten xa declaración de impacto ambiental. 

Neste contexto, exixiu ao Goberno central, en particular á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, que dea cumprimento á súa palabra en relación a aqueles parques de Alcoa que tiñan decaídos os seus permisos de acceso e conexión e para os que estaba comprometida unha solución "en cuestión de semanas", lembrou a conselleira. "Isto xa non foi así", lamentou, polo que volveu reclamar que se atendan as necesidades enerxéticas da empresa.

"O tema enerxético é crucial para que Alcoa ou un eventual comprador poida continuar con esta actividade", subliñou Lorenzana, quen tamén solicitou de novo a modificación do Estatuto dos Consumidores Electrointensivos.

Lorenzana concluíu amosando todo o apoio da Xunta "a unha das principais empresas galegas e ás miles de familias que viven dela". Para iso, dixo, "imos estar para calquera reunión á que se nos convoque", apostilou. "Esperamos este mes ter resposta sobre o proceso de venda e tamén poder ir informando paulatinamente, dentro da confidencialidade do proceso, aos traballadores, que son os primeiros interesados en saber o futuro da empresa".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/09/2024
450590 {"title":"Lorenzana reclama a Alcoa que complete os requirimentos da Xunta e amose a súa vontade de querer continuar coa actividade","published_date":"2024-09-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/110804-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"450590"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-06/450590-lorenzana-reclama-alcoa-complete-os-requirimentos-da-xunta-e-amose-sua-vontade-querer-continuar-coa-actividade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.