Gómez Caamaño destaca o papel crucial da Plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, unha iniciativa pioneira que procesa cada día 11.000 solicitudes de material sanitario

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A plataforma incrementa a eficiencia do sistema sanitario, ao centralizar a compra e a distribución e libera aos profesionais asistenciais de tarefas burocráticas, ademais de reducir custos
  • Conta con máis de 180 traballadores, 32 vehículos e unhas instalacións automatizadas que reciben máis de 2.000 entregas de provedores cada día e atenden as necesidades de todo o Servizo Galego de Saúde
  • O servizo funciona os 365 días do ano, as 24 horas, garantindo que as emerxencias sexan atendidas en menos de dúas horas e media e as urxencias en menos de 24 horas
  • Trátase dunha plataforma de referencia para outras comunidades autónomas de España, que se interesaron por replicar o modelo galego
  • O conselleiro de Sanidade incide no papel fundamental da plataforma durante a pandemia, sendo clave para evitar o desabastecemento de material de protección para profesionais e pacientes
  • Está previsto mellorar a plataforma coa implantación dun novo sistema de xestión e a incorporación da soroterapia, que contribuirá a unha maior automatización e especialización do servizo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Negreira (A Coruña), 6 de setembro de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe a importancia crucial da Plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, unha iniciativa na que Galicia é pioneira, que procesa cada día 11.000 solicitudes de medicamentos e material sanitario necesarios para a sanidade pública.

Así o remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego na visita ás instalacións desta infraestrutura situada no parque empresarial de Negreira, que leva funcionando desde o ano 2013. Este centro, apuntou, aumenta a eficiencia do sistema sanitario, liberando aos profesionais asistenciais de tarefas burocráticas e reducindo custos, ademais de optimizar a xestión de recursos e mellorar a atención aos pacientes.

Gómez Caamaño manifestou a importancia de contar con esta plataforma na nosa comunidade, da que dixo que é pioneira e referencia para outras comunidades autónomas, que se interesaron por replicar o modelo galego.

Tal e como detallou o conselleiro, a plataforma é un servizo integral que xestiona todo tipo de mercancías, desde material sanitario e non sanitario, ata determinados produtos farmacéuticos. Conta con máis de 180 traballadores, 32 vehículos e unha infraestrutura automatizada capaz de procesar máis de 11.000 solicitudes diarias de material e recibir máis de 2.000 entregas de provedores cada día.

Entre os seus principais avances tecnolóxicos destaca un sistema robotizado que permite preparar ata 12 pedidos de xeito simultáneo e o sistema de consolidación de envíos, que facilita a xestión de ata 80 á vez.

Esta automatización permite, subliñou o conselleiro, un nivel de eficiencia sen precedentes, facendo que o servizo funcione os 365 días do ano, as 24 horas, garantindo que as emerxencias sexan atendidas en menos de dúas horas e media e as urxencias en menos de 24 horas.

O titular da carteira sanitaria remarcou que desde a súa creación, a plataforma foi clave para centralizar servizos que antes estaban dispersos, o que non só reduciu custos grazas á compra de volume, senón que tamén axudou a racionalizar as existencias, controlar as caducidades e mellorar a xestión.

Papel clave na pandemia e novas melloras

Gómez Caamaño puxo en valor que a Plataforma conta co premio CEL ao desenvolvemento da xestión loxística na categoría de loxística hospitalaria, o que recoñece o seu gran valor para o sistema sanitario galego.

Xunto ao anterior, o máximo responsable da sanidade pública galega incidiu en que a plataforma xogou un papel fundamental durante a pandemia, sendo clave para garantir que non houbera desabastecemento de material de protección para profesionais e pacientes. Así, o almacenamento e a compra centralizada de materiais foron decisivos para responder de maneira rápida e eficiente ás necesidades sanitarias en todo o territorio galego.

A plataforma continúa a mellorar, e están previstas melloras como a implantación dun novo sistema de xestión e a incorporación da soroterapia, o que contribuirá a unha maior automatización e especialización do servizo.

O titular da carteira sanitaria subliñou que a plataforma é un exemplo de como a innovación e a xestión eficiente poden mellorar a sanidade pública, xa que grazas a esta infraestrutura os centros sanitarios do Sergas dispoñen de todo o necesario para seguir ofrecendo unha atención de calidade co máximo rigor e coa mellor organización posible.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/09/2024
450553 {"title":"Gómez Caamaño destaca o papel crucial da Plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, unha iniciativa pioneira que procesa cada día 11.000 solicitudes de material sanitario","published_date":"2024-09-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/113189-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"450553"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-06/450553-gomez-caamano-destaca-papel-crucial-da-plataforma-loxistica-do-servizo-galego-saude-unha-iniciativa-pioneira-procesa-cada-dia-11-000-solicitudes-material-sanitario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.