A Xunta investirá máis dun millón de euros na rehabilitación dun edificio en García Boente, en Ribadavia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • María M. Allegue avanza o obxectivo de iniciar a principios do ano que ven as obras, que permitirán ofertar 5 vivendas de promoción pública no caso histórico do municipio
  • Indica que nos últimos ano a Xunta adquiriu en Ribadavia 7 inmobles, por valor de máis de 350.000 euros, dos que 178.000 destináronse á compra do edificio de García Boente
  • A través do programa Rexurbe a Xunta ten adquirido 93 inmobles en Galicia dos que se prevé obter arredor de 165 vivendas, estando xa 33 entregadas aos seus adxudicatarios
  • A conselleira pon en valor un "dos casos históricos mais fermosos de Galicia", recoñecido como área de rehabilitación e declarado e Área Rexurbe, na que se segue avanzando na rehabilitación impulsando o Plan de dinamización de Ribadavia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ribadavia (Ourense), 5 de setembro de 2024

A Xunta investirá máis dun millón de euros na rehabilitación dun edificio en García Boente, no concello de Ribadavia.

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, deu conta hoxe no salón de plenos da Casa do Concello de Ribadavia deste actuación, tras aprobar o Consello da Xunta o pasado mes de xullo a licitación, por mais de 3M€ para a rehabilitación de 4 edificios para 14 vivendas; 3 en Tui, 6 en Ourense e 5 en  Ribadavia.

Neste caso, tal e como indicou a conselleira, trátase da contratación neste histórico concello da comarca do Ribeiro, no marco do programa Rexurbe, as obras de rehabilitación dun edificio na Praza García Boente e que permitirá ofertar esas 5 vivendas de promoción pública no municipio.

María M. Allegue avanzou o obxectivo de iniciar as obras neste inmoble a principios do ano que ven.

A Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), adquiriu 7 inmobles, entre 2019 e 2021, por valor de máis de 350.000 euros, investindo neste edificio de García Boente 178.000 euros.

A conselleira destacou a importancia de actuacións deste tipo, coas que a Xunta "contribúe a devolverlle o esplendor a cascos históricos coma este de Ribadavia", datado no século XI  e que foi declarado no 1947 Ben de Interese Cultural.

Martínez Allegue indicou que actualmente a Xunta ten adquiridos, a través do programa Rexurbe, 93 inmobles nos que se prevé obter arredor de 165 vivendas en Galicia. Concretou que destas actuacións de rehabilitación, xa foron entregadas 33 destas vivendas aos seus adxudicatarios.

A conselleira fixo fincapé en que, ademais do programa Rexurbe, o conxunto histórico de Ribadavia conta tamén coa declaración de ARI  (área de rehabilitación integral) desde o ano 1999; e no ano 2022 foi declarado, polo Consello da Xunta,  Área de Rexeneración Urbana de Interese Autonómica.

María M. Allegue, subliñou así como coa declaración de Área Rexurbe, Ribadavia se segue avanzando na rehabilitación "dun dos casos históricos mais fermosos de Galicia".

Para iso, tal e como explicou a conselleira, un paso fundamental é o Plan de dinamización de Ribadavia, un instrumento de planificación que integra as actuacións a nivel arquitectónico para fomentar as políticas de rehabilitación de edificios e vivendas e a mellora do espazo público.

Iniciativas coma esta, remarcou Martínez Allegue, "contribúe á recuperación da actividade económica, atrae novos habitantes e ademais, é un garante da conservación dos valores patrimoniais da vila".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/09/2024
447851 {"title":"A Xunta investirá máis dun millón de euros na rehabilitación dun edificio en García Boente, en Ribadavia","published_date":"2024-09-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/112949-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"447851"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-05/447851-xunta-investira-mais-dun-millon-euros-na-rehabilitacion-dun-edificio-garcia-boente-ribadavia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.