Preto de 80 nenos e nenas participan nas actividades sociodeportivas que a Federación Galega de Fútbol promove en Narón a través do Plan Corresponsables
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá a iniciativa que se levará a cabo durante os meses de setembro, outubro e novembro no campo de fútbol de Río Seco e no pavillón das Lagoas
- O Plan Corresponsables, dotado de 1,7 M€ de orzamento, promove a conciliación a través da habilitación de servizos de coidado profesional ao tempo que fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Narón (A Coruña), 3 de setembro de 2024
Preto de 80 nenos e nenas participan desde esta semana nas actividades de animación sociodeportiva que a Federación Galega de Fútbol (RFGF) promove no concello de Narón con cargo ao Plan Corresponsables no deporte. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no Concello no acto de presentación, xunto ao delegado da RFGF, Abraham Yáñez, e o concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla.
As actividades, que están dirixidas a mozas e mozos de ata 16 anos, desenvolveranse durante as tardes dos meses de setembro, outubro e novembro no campo de fútbol de Río Seco e no pavillón polideportivo das Lagoas. Teñen carácter gratuíto e estarán guiadas por persoal técnico da federación. Pódese solicitar máis información e formalizar as inscricións a través do correo electrónico: corresponsables@futgal.es.
Aneiros destacou o compromiso do Goberno galego coa conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo a través do Plan Corresponsables "ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación, á vez que fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova, achegando distintas disciplinas e favorecendo a convivencia e o xogo".
O Plan Corresponsables, que alcanza este ano a súa terceira edición, financia servizos de coidado profesional con actividades de animación sociodeportivas para nenas e nenos de ata 16 anos. A Federación Galega de Fútbol, que percibiu unha achega de 69.720 euros, é unha das beneficiarias da presente convocatoria que contou cun orzamento conxunto de 1,7 M€.