O milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizarán os primeiros exercicios o 21 de setembro en Silleda

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso por oposición libre e as datas dos exames de avaliación de coñecementos e de lingua galega
  • Superadas todas as probas da oposición pola que optan a 84 prazas en 32 concellos, deberán facer un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública como parte da 17ª promoción de Policía Local

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024

As máis de 1.000 persoas aspirantes no proceso selectivo para Policía Local realizarán os primeiros exercicios o 21 de setembro en Silleda, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, que tamén fai públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas. Estas listas están dispoñibles na páxina web da Academia Galega de Seguridade  Pública (Agasp).

O primeiro dos cinco exercicios é un test de coñecemento de 100 preguntas sobre o temario publicado, que terá lugar no recinto feiral de Silleda ás 10,00 horas en chamamento único. A continuación desenvolverase a proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas. Na listaxe de admitidos publicada hoxe na web da Agasp tamén se especifican as persoas exentas deste exercicio por contar con certificado de Celga 4 ou equivalente e as que deberán realizalo.

Os aspirantes que superen esta primeira fase continuarán no proceso coas probas de aptitude física, que inclúen exercicios de velocidade, de potencia de trens superior e inferior, de resistencia xeral e de natación. Tamén se levará a cabo unha proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais, así como un recoñecemento médico para garantir que as persoas aspirantes estean nas condicións axeitadas para o desenvolvemento das funcións policiais.

Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo, na Academia Galega de Seguridade Pública e os futuros axentes formarán parte da 17ª promoción de Policía Local. Cómpre aclarar que collerán o relevo do alumnado da 16ª promoción que actualmente se está a formar na Academia e que o próximo mes de outubro, despois de estar de prácticas estes meses de verán nos seus concellos de destino, volverán ás aulas para rematar a formación teórica e poder ser nomeados funcionarios de carreira.   

Máis de 80 prazas en 32 concellos

A convocatoria oferta 84 prazas para os corpos de Policía Local de 32 concellos galegos:

A Coruña, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cedeira, Malpica, Melide, Narón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Teo, na provincia da Coruña; A Guarda, Baiona, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; os lucenses de Chantada, Lugo e Ribadeo e o ourensán do Barco de Valdeorras.

A finais do ano 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. A maiores, a confección de listas única facilita tamén a contratación.

Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/09/2024
438569 {"title":"O milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizarán os primeiros exercicios o 21 de setembro en Silleda","published_date":"2024-09-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/112254-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"438569"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-02/438569-milleiro-persoas-aspirantes-policia-local-realizaran-os-primeiros-exercicios-21-setembro-silleda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.