A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e carpintería, polo que se prevé o remate en apenas un mes
- Apuntou que ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un, a Xunta licitará a finais deste ano ou comezos do próximo as obras noutros 2 edificios
- Destacou que nesta vila se rehabilitarán 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos
- A Xunta, no marco deste programa, ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais
- A conselleira fixo fincapé na importancia da rehabilitación para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, coidar o patrimonio e darlle pulo ao turismo e ao comercio local
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Betanzos (A Coruña), 30 de agosto de 2024
A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, supervisou hoxe estas intervencións de rehabilitación.
María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e remates de carpintería, polo que se prevé a súa finalización en apenas un mes.
Ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un deles, a conselleira adiantou que se está a traballar para licitar a finais deste ano ou comezos do próximo as obras doutros 2 inmobles.
Destacou que en total a Xunta terá rehabilitado en Betanzos 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos. Precisou que se non é posible a rehabilitación, o programa contempla tamén a construción doutros novos nos solares baleiros.
Explicou que as vivendas froito das rehabilitación cualifícanse como de promoción pública e pasan a formar parte do parque de vivenda en alugueiro, adxudicándose a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Martínez Allegue indicou que actualmente a Xunta ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais. Puntualizou que xa se rehabilitaron 18 inmobles e se entregaron as vivendas aos seus adxudicatarios en Betanzos, Ferrol, Ourense, Mondoñedo ou Lugo; e están en obras 7 inmobles, en Betanzos e en Vilalba.
Cómpre lembrar que ademais do Programa Rexurbe, Betanzos conta cunha Área Rexurbe declarada en 2023 e que comprende o conxunto histórico-artístico e alberga 735 edificios con diferentes usos. Neste caso, o Concello deberá realizar un Plan de dinamización con medidas específicas para esta contorna.
Betanzos tamén dispón tamén dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) que corresponde ao conxunto histórico da vila, o barrio da Ribeira e os barrios antigos da Madalena e Nosa Señora dos Remedios. Actualmente ten en execución convenios por importe de máis de 522.000€.
A responsable autonómica de Vivenda tamén remarcou que para este ámbito da ARI a Xunta asignou un orzamento de 700.000€ do programa Barrios que deberá executar o concello. Esta iniciativa está financiada con fondos europeos e posibilitará a rehabilitación de 40 vivendas.
Concluíu facendo fincapé na importancia da rehabilitación de inmobles para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, ao mesmo tempo que se coida o patrimonio das vilas e cidades e se reforza o seu atractivo para darlle pulo ao turismo e ao comercio local.