A Xunta colabora coa XXXVIII Copa Galicia Sénior de Baloncesto, que se celebrará en Lugo do 20 ao 22 de setembro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Delegación Territorial acolleu esta mañá o sorteo de emparellamentos da competición, enfrontando nas semifinais ao Río Breogán co Club Ourense Baloncesto e ao Leyma Coruña co Monbus Obradoiro
- Javier Arias valorou que Lugo fose elixida por segundo ano consecutivo sede deste torneo, "que se ten consolidado como cita de referencia na pretemporada dos clubs galegos de baloncesto"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 29 de agosto de 2024
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá o sorteo de emparellamentos da XXXVIII Copa Galicia Sénior Masculina de Baloncesto, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Lugo entre os días 20 e 22 de setembro. O Goberno autonómico colabora con esta competición, na que participan o Río Breogán e o Leyma Coruña, da Liga ACB, e o Monbus Obradoiro e o Club Ourense Baloncesto, da Primeira FEB.
O sorteo contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o presidente e a directora xeral da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez e Susana Fernández Fiuza; e mailo representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón -organizadora da competición-, Rubén Engroba. Tamén estiveron presentes os ex xogadores do Breogán Manel Sánchez e José Ramón Ferreiro, ademais doutros representantes dos clubs.
Segundo os resultados do sorteo, o venres 20 de setembro disputaranse as semifinais entre o Leyma Coruña e o Monbus Obradoiro (ás 18.00 horas) e entre o Río Breogán e o Club Ourense Baloncesto (ás 20.30 horas). A final celebrarase o domingo ás 18.00 horas.
As entradas e bonos para asistir aos encontros pódense adquirir desde o vindeiro luns a través da plataforma entradas.lugoebasket.es .
Á marxe dos propios partidos, os organizadores desta nova edición da Copa Galicia de Baloncesto están a preparar distintas actividades complementarias co fin de ampliar a oferta para os afeccionados ao deporte, nomeadamente ao baloncesto, durante os días 21 e 22 de setembro. Daranas a coñecer nos vindeiros días.
Javier Arias gabou o labor realizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en coordinación coa Federación Galega de Baloncesto, e amosou o orgullo de que Lugo fose elixida por segundo ano consecutivo como sede deste torneo, "que se ten consolidado como cita de referencia na pretemporada dos clubs galegos de baloncesto ao tempo que supón un fantástico punto de encontro entre xogadores e afeccionados".