Activo un incendio forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O lume iniciouse ás 17,21 horas e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
- Trátase dunha reprodución do incendio rexistrado a pasada semana na mesma localización
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira. O lume iniciouse ás 17,21 horas e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Trátase dunha reprodución do incendio rexistrado a pasada semana na mesma localización.
Para o control deste lume mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 11 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 7 avións e 5 helicópteros. Entre as brigadas mobilizadas, participan tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil e que xa interviñeron noutros incendios rexistrados estes días na nosa comunidade.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.