The Wild Fest regresa a Vigo co apoio da Xunta para tres xornadas de música, cinema e lecer na natureza

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Incorpórase á listaxe das citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria para festivais profesionais de música
  • O encontro aposta un ano máis por bandas galegas e emerxentes e programa o único evento galego dedicado en exclusiva ao cine medioambiental

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 27 de agosto de 2024

The Wild Fest chega esta fin de semana á súa sexta edición, na que se afianza como un dos festivais máis singulares de Galicia e para a que conta co apoio económico da Xunta. Ademais dos concertos de 11 bandas, das que nove son galegas, o encontro proxectará unha vintena de curtas internacionais de temática medioambiental. Haberá, así mesmo, obradoiros, actividades para o público infantil e a habitual xincana de orientación polo monte, que esgota prazas cada ano.

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acolleu hoxe a presentación deste coidado evento de pequeno formato, que se desenvolve na contorna natural do parque forestal de San Miguel de Oia do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro. Nela participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen explicou que en 2024 The Wild Fest se incorpora por vez primeira á listaxe das citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das súas axudas anuais a festivais de música xestionados profesionalmente.

Sutil fixo fincapé na aposta do encontro vigués polas bandas galegas e emerxentes, en liña cos obxectivos das devanditas subvencións, que se destinan en exclusiva á contratación artística de bandas e solistas de Galicia por parte dos festivais adxudicatarios. Esta medida é unha das novidades introducidas nas bases da convocatoria de 2024 co fin de favorecer a presenza da música galega en citas consideradas estratéxicas para o sector, que inciden de maneira destacada na visibilización e promoción da nosa escena musical e que contribúen ao desenvolvemento das industrias culturais a través da promoción dunha xestión máis profesional.

Talento galego e sustentabilidade

O director de Industrias Culturais interveu nesta presentación xunto a Fernando González Abeijón, secretario territorial da Xunta en Vigo; Jorge Cubela, deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, e Juan de Castro, en representación da  organización do festival, á que felicitou polo traballo que vén desenvolvendo á fronte deste evento como altofalante para o talento galego, así como polo seu foco na sustentabilidade, tanto ambiental como social.

Lembrou, así mesmo, que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina este ano máis de 320.000 euros a 11 festivais profesionais de música de diferentes estilos a través desta convocatoria de axudas e dos patrocinios da marca FEST Galicia. Estas dúas liñas da Axencia Galega das Industrias Culturais forman parte da estratexia da Xunta para impulsar citas destacadas do calendario galego de festivais, desenvolvéndose de xeito coordinado co apoio de Turismo de Galicia a diferentes encontros de música ao vivo.

The Wild Fest revalida nesta sexta edición o seu compromiso coas bandas galegas, que suman nove das 11 propostas programadas: Dakidarría e Moura son o prato forte na noite do sábado 31, compartindo cartel con Julián Maeso e Moonshine Wagon, mentres que A Polémica Banda dos Bechuchos e Mad Martin Trío tocan nas sesións vermú do sábado e do domingo, respectivamente. Ademais, o venres celébrase a segunda edición do concurso Salvaxesons coa participación de Sanny, Law, The Kelly Kelly's, Superglú e The Broke.

O audiovisual é outro dos eixos destacados do festival con The Wild Cinema, único evento galego dedicado en exclusiva a fitas con temática medioambiental. Nesta edición proxéctanse 20 curtametraxes e unha longa repartidas en cinco sesións. Un dos filmes seleccionados é Iberia, naturaleza infinita, candidato a mellor documental nos premios Goya, así como outros títulos exhibidos en destacados certames internacionais deste ámbito como o Wild & Scenic Film Festival, BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/08/2024
421447 {"title":"The Wild Fest regresa a Vigo co apoio da Xunta para tres xornadas de música, cinema e lecer na natureza","published_date":"2024-08-27","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/111130-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"421447"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-27/421447-the-wild-fest-regresa-vigo-co-apoio-da-xunta-tres-xornadas-musica-cinema-e-lecer-na-natureza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.