O 'Encontro de Artistas Novos Cidade Da Cultura' reúne esta semana a 40 dos talentos emerxentes que marcarán o futuro da arte contemporánea en España

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Co 'EAN', a Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso co apoio a novos creadores, ofrecéndolles unha plataforma para dar a coñecer o seu traballo, tecer redes de colaboración e aprender de nomes consolidados que participan como relatores
  • O conselleiro destaca esta iniciativa como "unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, por onde pasaron xa máis de 800 creadores desde que en 2011 formara parte da primeira programación do Gaiás"
  • O encontro, que está dirixido por Rafael Doctor e conta co apoio da Fundación Banco Sabadell, ofrece tamén a oportunidade de propoñer unha intervención artística para as Torres Hejduk

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan estes días en Santiago no XIV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, un dos piares da programación do Gaiás co que, desde hai xa catorce edicións, a Xunta de Galicia vén reafirmando o seu compromiso e apoio ao talento emerxente.

O titular de Cultura do Goberno galego destacou este evento como "unha das citas imprescindibles da creación contemporánea na Península", lembrando que forma parte da programación do Gaiás desde 2011 e que, desde entón, pasaron polo EAN máis de 800 artistas, "entre eles nomes como Nuria Güell, Jorge Perianes, Lois Patiño, Eva Díez ou Jesús Madriñán, que hoxe son recoñecidas figuras do panorama galego e nacional", remarcou López Campos.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salientou tamén que con esta iniciativa "a Xunta proponse que a Cidade da Cultura continúe a amosar en Galicia as tendencias da vangarda cultural, pero tamén abra unha fiestra de oportunidade para que o colectivo de creadores galegos comparta co resto do mundo o seu traballo e talento, dous dos eixos que sentan as bases deste encontro desde o seu nacemento".

O Encontro de Artistas Novos ofrece así a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás -nun foro aberto ao intercambio de ideas e experiencias-, darlle visibilidade ao seu traballo, e tamén de aprender de artistas cunha traxectoria consolidada, que cada ano interveñen no mesmo como relatores compartindo o seu proceso de traballo e inquedanzas cos 40 novos creadores.  

O XIV Encontro de Artistas Novos está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Na apertura do mesmo participaron, ademais do titular de Cultura do Goberno galego, o Comunity Builder da Fundación Banco Sabadell, Moha El Amrani; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director do EAN, Rafael Doctor; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

Charlas de creadores consolidados

Nesta ocasión, a actividade inclúe na súa programación charlas de artistas de consolidada traxectoria como a pintora asturiana afincada en París Chechu Álava, quen esta mañá abría o programa de conferencias. Cos seus retratos oníricos, Álava resucita a obra de poetas e artistas e reinterpreta representacións femininas clásicas. As súas obras puideron verse no Thyssen-Bornemisza de Madrid, entre outros museos e coleccións de todo o mundo.

Tamén conforman os relatores desta edición a artista plástica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra Elena Fernández Prada, que ten participado en exposicións en centros como Reina Sofía de Madrid, o MUSAC de León ou o Museo de Arte Contemporánea de Tokio, e o creador viveirense David Catá, que traballa entre a plástica, a videocreación, a música e a performance, empregando o propio corpo como soporte artístico e metáfora do paso do tempo a través de cosidos e fisuras na pel. Ambos regresan ao encontro tras participar no mesmo nas súas dúas primeiras edicións.

Por último, contarase coa conferencia da fotógrafa Estela de Castro, unha das retratistas máis recoñecidas de España, cun traballo vencellado á loita polos dereitos humanos e dos animais. A súa intervención substituirá a do artista plástico Javier Calleja, que tivo que suspender a súa participación no encontro por motivos de saúde.

O encontro rematará o xoves 29 de agosto coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2023 do Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk. Trátase da instalación interactiva H+E, coa que os creadores Óscar Manrique e Isabel Merchante se propoñen realizar un tributo artístico á conexión e colaboración que nos vencella a outros seres humanos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/08/2024
418868 {"title":"O 'Encontro de Artistas Novos Cidade Da Cultura' reúne esta semana a 40 dos talentos emerxentes que marcarán o futuro da arte contemporánea en España","published_date":"2024-08-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/111130-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"418868"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-26/418868-encontro-artistas-novos-cidade-da-cultura-reune-semana-40-dos-talentos-emerxentes-marcaran-futuro-da-arte-contemporanea-espana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.