A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na novena edición deste encontro multidisciplinar, que se desenvolve ata o domingo na sede da Fundación Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel
  • Lembra que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival para favorecer o acceso universal á cultura en todo o territorio galego
Imagen del artículo A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos
Folgoso do Courel (Lugo), 24 de agosto de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor esta mañá o "importante impacto" que teñen as actividades culturais como axentes dinamizadoras do rural. Fíxoo durante a súa participación na novena edición do Festival dos Eidos, que se está a celebrar na aldea de Parada, no municipio lucense de Folgoso do Courel, onde reivindicou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas, "que crean e fortalecen a comunidade nestas contornas".

Precisamente, lembrou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude terá lista despois do verán a orde de creación da Rede Adival de dinamización no rural de Galicia, "unha potente ferramenta para favorecer o acceso universal a cultura na procura de que ningunha persoa, por mor da súa residencia ou idade, quede fóra deste tipo de programación".

Deste xeito, Anxo M. Lorenzo explicou que con esta rede se vai ampliar a oferta cultural nas vilas e localidades máis pequenas de Galicia para garantir que conten cunha programación regular. Nesta liña, defendeu o apoio que o departamento de Cultura do Goberno galego está a dar a proxectos que axudan a dinamizar a economía da contorna e fixar poboación, ao mesmo tempo que promover o turismo cultural galego, como é o caso do Festival dos Eidos.

Neste senso, apuntou o feito de que, un ano máis, a Fundación Uxío Novoneyra celebra este encontro multidisciplinar, que ten a poesía como fío condutor, co apoio económico da Xunta de Galicia, para desenvolver, desde o pasado venres e ata o domingo, unha programación en diferentes puntos desta aldea lucense do Courel.

Ademais, salientou que, con esta colaboración, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude suma o Festival dos Eidos á axenda do CulturON, programación que está a ofrecer durante esta época de estío uns 30 espectáculos por día en máis de 200 concellos.

Programación da edición de 2024

A IX Edición do Festival dos Eidos comezou o pasado venres, 23 de agosto, coa apertura da exposición Romance de Manuel de Ribadaira, de Manuel González Allere, e continuou cun acto homenaxe ao poeta Carlos Oroza. A xornada proseguiu coa presentación da Enciclopedia perplexidade, unha antoloxía da obra poética de Antón Reixa na que participou o autor e tamén o poeta Xabier Cordal. A programación completouse co espectáculo Verba estirpe de Leo Matamá, e cos concertos de Dúbida e Familia Caamagno.

Xa hoxe sábado se están a celebrar rutas ornitolóxicas pola contorna da aldea de Parada, guiadas polo biólogo Xavier Vázquez Pumariño, ao que se lle suman o coloquio entre Antón Lopo e María Sánchez e o espectáculo musical e poético Kennebec, de Iria Piñeiro e Mónica Nut. Pola tarde, está previsto o recital de Luz Pichel, Isaac Xubín e Brenda Alborada xunto a André Tecedeiro. Seguiralle e o espectáculo musical Popsía de Fran Amil. Serán o artista Iván Torres co recital Alta montaña e a sesión de DJ Tristón os que  clausuren a segunda xornada.

Mañá domingo farase un percorrido guiado pola arquitectura tradicional da man de Xosé Allegue e continuarase coa presentación dunha nova edición de Os eidos de Uxío Novoneyra, publicado por vez primeira en 1955. O programa pecharase co espectáculo Literatura afinada e coa actuación do músico Sergio Canay.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/08/2024
414573 {"title":"A Xunta reivindica a dinamización do rural a través da cultura co apoio a iniciativas como o Festival dos Eidos","published_date":"2024-08-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/111004-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"414573"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-24/414573-xunta-reivindica-dinamizacion-do-rural-traves-da-cultura-co-apoio-iniciativas-como-festival-dos-eidos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.