A Xunta apoia a implantación de proxectos enerxéticos que xeren riqueza en Galicia e abaraten a factura eléctrica
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu á sinatura dun acordo de colaboración entre as empresas Solgaleo e Sertogal para desenvolver proxectos no ámbito das enerxías renovables
- Avogou por avanzar na implantación de enerxías renovables e no fomento da eficiencia e o aforro enerxéticos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 23 de agosto de 2024
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou hoxe que a Xunta apoiará a implantación de proxectos enerxéticos que xeren riqueza en Galicia e contribúan a abaratar a factura eléctrica da cidadanía e das empresas. Todo isto co obxectivo de avanzar na implantación das enerxías renovables e no fomento da eficiencia e o aforro enerxéticos.
Fernández Vila asistiu á sinatura do acordo de colaboración entre a empresa enerxética Solgaleo e a de enxeñería Sertogal para desenvolver proxectos enerxéticos que ofrezan vantaxes no ámbito das enerxías renovables, como unha maior independencia enerxética ou a fixación de poboación e o fomento de actividade económica nas zonas rurais.
Durante a presentación o director xeral, puxo en valor a importancia da colaboración entre as empresas galegas do mesmo sector e a súa aposta por aqueles proxectos que xeren riqueza no territorio onde se implanten. Así mesmo, sinalou que a transición enerxética cara a un modelo descarbonizado e dixitalizado precisa dunha maior presenza de renovables no mix enerxético, así como un maior fomento da autosuficiencia e o aforro enerxético.
Por outra banda, Pablo Fernández Vila subliñou que todo isto está aliñado coa Lei Promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia que nace coa finalidade de converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social. E neste sentido avogou pola colaboración público-privada e destacou que "a Administración autonómica está inmersa en diferentes iniciativas que sirvan de punta de lanza desta lei e que ademais estean aliñadas con outras iniciativas empresariais".
Finalmente, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas subliñou o apoio do Goberno galego aos novos proxectos industriais máis verdes, eficientes e sustentables, nunha aposta clara por converter a Galicia nun territorio favorable ás enerxías renovables.