A Xunta xa repartiu máis de 22.000 composteiros domésticos en toda Galicia para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A día de hoxe son case 470 as entidades adscritas a este programa, impulsado por Sogama hai máis dunha década e co que busca reducir a produción de lixo, minorar as emisións contaminantes e recuperar unha práctica tradicional ligada ao rural
  • O obxectivo é reciclar a materia orgánica en orixe para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que se reducen os custos asociados á prestación deste servizo
  • Ademais de facilitar os medios materiais necesarios para facer compostaxe, persoal da empresa pública imparte cursos e charlas de formación dirixidos aos participantes

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Sogama, repartiu xa de forma gratuíta máis de 22.000 composteiros entre as 468 entidades adheridas en toda Galicia ao programa de compostaxe doméstica que impulsou a empresa pública hai máis dunha década.

Do total de entidades adscritas á iniciativa, coa que se busca promover a autoxestión da materia orgánica e dar a coñecer os seus beneficios ambientais, económicos e sociais, a maioría son concellos (228) e centros educativos (207) aínda que tamén hai 32 colectivos sociais, fundamentalmente asociacións.

Cómpre subliñar que este programa é un claro exemplo da aposta do Goberno galego pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos, a minorar as emisións de CO2 á atmosfera e, ademais, a recuperar unha práctica tradicional moi ligada ao modo de vida no rural galego.

Neste sentido e dado que a materia orgánica representa ao redor do 37 % da composición media dunha bolsa de lixo tipo, coa recuperación en orixe evítase o seu depósito no contedor xenérico, o que permite que os servizos municipais poidan diminuír a frecuencia de recollida e transporte do lixo convencional co conseguinte aforro de custos, tanto en transporte como en xestión.

Ademais, desde o punto de vista social tamén cómpre subliñar que contribúe a recuperar e poñer en valor unha práctica tradicional no rural galego como é a separación da materia orgánica para alimentar o gando ou mediante a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades para plantas e cultivos, xa que achega nutrientes ao solo e mesmo o protexe fronte a pragas e enfermidades.

A través dos concellos e de forma totalmente gratuíta, Sogama distribúe os recipientes para compostar, cunha capacidade de 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, sendo a súa función propiciar que o proceso de autoxestión da materia orgánica se leve a cabo de forma cómoda, hixiénica e eficiente.

Para isto, é necesario que as vivendas, escolas ou agrupacións participantes dispoñan de terreo —horta, xardín ou terras de cultivo— no que poder aplicar o abono resultante, pechando así o ciclo de recuperación da materia orgánica nun claro exemplo de economía circular.

Información e formación

Ademais de subministrar gratuitamente os composteiros, para que todas as entidades e persoas adheridas dispoñan da información e da formación necesarias para que o compost resultante cumpra cos estándares esixidos, Sogama encárgase tamén de editar material divulgativo de apoio con todos os pasos a seguir.

Exemplo disto son os manuais didácticos que se entregan con cada composteiro e nos que se describe a técnica a levar a cabo: desde a propia localización do composteiro, que debe estar en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade, que inflúen de forma decisiva no resultado final.

Así mesmo, e en coordinación cos concellos e o resto de entidades adheridas, persoal de Sogama tamén imparte cursos de formación presenciais nos que se explica aos usuarios a operativa e as técnicas a aplicar, ademais de resolver as súas posibles dúbidas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
399771 {"title":"A Xunta xa repartiu máis de 22.000 composteiros domésticos en toda Galicia para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos","published_date":"2024-08-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/109766-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"399771"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-17/399771-xunta-xa-repartiu-mais-22-000-composteiros-domesticos-galicia-fomentar-autoxestion-dos-residuos-organicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.