Os Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva da Xunta recoñecerán o traballo de oito centros educativos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O obxectivo é impulsar a atención á diversidade e o bo clima nas aulas poñendo en valor o labor que se desenvolve nos centros neste sentido
- Haberá oito recoñecementos, dotados con ata 5.000€, e o prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2024
A Xunta de Galicia ten aberto ata o 30 de setembro o prazo para que os centros docentes públicos presenten a súa candidatura aos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024. O obxectivo desta convocatoria é impulsar a atención á diversidade e o bo clima nas aulas poñendo en valor o labor que se está a desenvolver nos centros de ensino. Promóvese así unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas.
Poderán acadar estes recoñecementos un total de oito centros. A convocatoria establece dúas modalidades, con primeiro (dotado con 5.000€), segundo (dotado con 2.500€), terceiro premio (dotado con 1.000€) e mención de honra (dotada con 500€) en cada unha delas. A categoría A está dirixida a centros de Educación Infantil e Primaria e a B aos de ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e Ensinanzas de Réxime Especial (deportivas, de idiomas e artísticas).
Os centros galardoados co primeiro premio recibirán o distintivo de Centro Educativo Inclusivo. Ademais, o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante.
As solicitudes, xunto coa documentación requirida, dirixiranse á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e presentaranse por medios electrónicos. Para optar a estes premios, os centros interesados deberán presentar unha memoria descritiva co contexto socioeducativo do centro, as accións levadas a cabo para o fomento da inclusión educativa, a implicación da comunidade escolar e da contorna, a repercusión das actividades realizadas e a avaliación dos resultados acadados co desenvolvemento do proxecto, entre outra documentación.