A Xunta e o Concello de Rábade avalían varios proxectos en materia de augas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2024
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Rábade, Remedios González, mantiveron recentemente unha reunión na que avaliaron o proxecto para instalar un decantador de auga na estación de tratamento de auga potable (ETAP) da localidade.
Nesa liña, a alcaldesa trasladoulle á conselleira a memoria valorada deste proxecto municipal, que será avaliada por Augas de Galicia de cara a establecer posibles vías de colaboración entre as dúas administracións.
A maiores, tamén analizaron a posibilidade de cooperar para levar a cabo as obras necesarias para mellorar o servizo de saneamento á contorna da avenida de Vilalba.
A conselleira aseguroulle á alcaldesa que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.